Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 24 de xaneiro

Fitur
10.00 h No Stand de Galicia, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste á presentación da Semana Santa de Santiago.
10.15 h No Stand de Illas Baleares, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
11.30 h No Stand de Paradores, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do Plan de Acción de 2020 de Cidades Patrimonio con Paradores.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar a VII Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage. Na rolda tamén estará Marycruz Madrid Merino, responsable do evento.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG Navia Rivas sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Alameda, a concelleira Mila Castro asiste á inauguración da exposición "Un ano de Voz".

17.00 h
No Pazo de Congresos, o concelleiro José Manuel Pichel inaugura a VII Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage.

19.00 h
No Auditorio do Museo de Belas Artes da Coruña, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do Premio Nacional de Arquitectura 2018 a Manuel Gallego Jorreto.

20.30 h
No Teatro Principal, Contraproducións presenta ‘O electo’, dentro de ‘Á Escena! Temporada de Artes Escénicas 2020’ de Compostela Cultura. Dirixida por Cándido Pazó sobre un texto de Ramón Madaula, está protagonizada por Manuel Baqueiro e Antonio Mourelos.

Compartir: