SMARTIAGO

O proxecto CPI de mobilidade smart, pioneiro en Europa a nivel de innovación, permitirá controlar e predecir os fluxos de vehículos e peóns na cidade histórica

04/02/2021

Os concelleiros de Turismo, Sindo Guinarte; e de Mobilidade, Gonzalo Muíños, presentaron hoxe, xunto a Juan Marín, director do departamento de Cidades da empresa Kapsch, o proxecto CPI (Compra Pública Innovadora) de mobilidade smart. "O proxecto estrela de SMARTiAGO", como o definiu Guinarte, "porque é o que acapara un maior volume de recursos económicos e porque, probablemente é o que vai ter unha maior visibilidade e influencia no desenvolvemento futuro de cuestións fundamentais para a nosa cidade, como o control de...

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago estrea páxina web e unha aplicación interna que mellora a súa organización

04/02/2021

Dous voluntarios da agrupación de Protección Civil, Diego Barreiro e Patricia Otero, enxeñeiros informáticos de formación, puxeron en marcha unha páxina web coa que poñer en valor o traballo da entidade. Este aplicativo tamén conta cunha ferramenta interna que facilita e axiliza a organización dos dispositivos, entre outras funcións. Presentárona en rolda de prensa, acompañados polo concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños.

Ler máis

TURISMO

Varias cidades españolas, entre elas Santiago de Compostela, impulsan unha asociación para a cocreación de contidos turísticos culturais

04/02/2021

Os concelleiros de Acción Cultural, Mercedes Rosón; e de Turismo, Sindo Guinarte, participaron, vía telemática, no primeiro encontro para constituír o Consello Español de Contidos Turísticos, e elaborar un plan estable de coprodución de contidos de interese turístico liderado dende as cidades do grupo impulsor da iniciativa. Estas cidades son, xunto a Santiago de Compostela, Barcelona, Palma de Mallorca, San Sebastián, Bilbao, Málaga e Valencia.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dá luz verde á participación do Concello no Plan de Obras e Servizos 2021

04/02/2021

A Xunta de Goberno, reunida hoxe en sesión extraordinaria, deu luz verde á participación do Concello de Santiago no "Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal" (Plan único de Concellos POS+2021 da Deputación Provincial da Coruña) para o financiamento dos gastos sociais extraordinarios do exercicio 2021,e solicitar a aplicación da achega provincial asignada aos gastos sociais polo importe de 320.521,02 euros.

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

As Cidades Patrimonio da Humanidade acordan con Paradores accións de promoción conxunta en Madrid, Sevilla, Lisboa e París

04/02/2021

O presidente do Grupo e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, reuniuse esta mañá co equipo directivo de Paradores para pechar accións de promoción e comercialización conxuntas que inclúen a creación de novos produtos turísticos de cara ao verán. Esta tarde, o presidente do Grupo pecha esta colaboración co presidente de Paradores.

Ler máis
Compartir: