PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello e a USC organizan a III Feira de Emprendedoras do 25 ao 30 de outubro

14/10/2021

O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago (USC) organizan de novo a Feira de Emprendedoras de Compostela, unha feira que quere visibilizar as mulleres emprendedoras que están creando tecido empresarial innovador, con valor engadido, na comarca de Compostela. Este ano vai dirixida ás universitarias da USC aínda que a feira está aberta a toda a cidadanía.

Ler máis

OBRAS

Comezan os traballos de acondicionamento da avenida de Asturias, que teñen como principal obxectivo a mellora da seguridade vial

14/10/2021

O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, informou hoxe dos traballos que se están desenvolvendo na Avenida de Asturias, que comezaron coa rexeneración do pavimento. O principal obxectivo desta obra é mellorar a seguridade vial, tanto para vehículos como para peóns, xa que tamén se acometerá a reparación das beiravías, crearanse beirarrúas na contorna da Avenida do Cruceiro da Coruña, e mellorarase a senda paralela á calzada destinada a uso peonil.

Ler máis

MOCIDADE

Volve ás rúas de Santiago o festival de muralismo e intervencións urbanas Compostela Contemporánea

14/10/2021

O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe a cuarta edición do festival de muralismo e intervencións urbanas Compostela Contemporánea; que conta con dúas intervencións murais de gran formato e dúas clases máxistrais a alumando do IES do Sar. Estivo acompañado de Marcos Couso Sánchez (Sokran) e Javier Mourón Figueroa (Mou), do estudo especializado en arte urbana, Mutante Creativo, que dirixe o evento.

Ler máis
Compartir: