ALCALDÍA

O Eixo Atlántico solicita ao presidente da Xunta a convocatoria do plenario da CCDR-n para discutir un plan de investimentos transfronteirizo

29/05/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este venres na reunión telemática da Comisión Executiva do Eixo Atlántico, que acordou solicitar con carácter de urxencia ao presidente da Xunta, na súa condición de presidente da Comunidade de Traballo Galicia - Norte de Portugal, a convocatoria urxente dun plenario do devandito órgano para discutir o plan de investimentos transfronteirizo. O Eixo quere que neste órgano participen todos os sectores implicados na cooperación: concellos, empresarios,...

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello ordenará o mercado de Salgueiriños, onde só se poderán instalar os postos con autorización

29/05/2020

O alcalde de Santiago indicou en rolda de prensa que se vai aplicar o regulamento municipal sobre o mercado de Salgueiriños, polo que se vai ordenar a ocupación do espazo do recinto. "Ímonos esforzar por facer un mercado ordenado e de calidade", no que só se poderán instalar aqueles/as comerciantes que conten coa pertinente autorización municipal, apuntou Xosé Sánchez Bugallo.

Ler máis

CONSORCIO

Amplíase o prazo de inscrición no curso de posgrao de especialización orquestral, que permite aos alumnos formarse coa RFG

29/05/2020

A declaración do estado de alarma levou á suspensión dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, o que afectou tamén á inscrición no Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2020-2021, no que se veñen de ampliar os prazos. Este curso impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación...

Ler máis

PATRIMONIO

Homenaxe póstuma do Comité Nacional de ICOMOS ao experto en patrimonio cultural Miguel Ángel Troitiño

29/05/2020

A concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou hoxe, vía telemática, na Asemblea Ordinaria do Comité Nacional de ICOMOS (CNE), que comezou cunha homenaxe a Miguel Ángel Troitiño, membro de ICOMOS que faleceu o pasado 21 de abril. Catedrático e experto en patrimonio cultural destacou, entre outros traballos, polos seus estudos sobre o comportamento de visitantes nos principais monumentos e cidades históricas españolas, entre os que se atopa a Catedral de Santiago de Compostela.

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Cuarta fin de semana de peonalización de varias rúas do Ensanche

29/05/2020

Co fin de facilitar a mobilidade da cidadanía nestas fases des desescalada e de garantir o distanciamento necesario para evitar riscos de contaxio, o Concello de Santiago repetirá por cuarta fin de semana consecutiva a peonalización de varias rúas do Ensanche. Estarán pechadas ao tráfico rodado entre as 12:00 h do sábado 30 de maio e as 24:00 horas do domingo 31 de maio.

Ler máis
Compartir: