POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

A Concellaría de Políticas Lingüísticas continúa reforzando o uso do galego no sector socieconómico

16/05/2020

A Concellaría de Políticas Lingüísticas, co obxectivo de contribuír a unha maior normalización do noso idioma, continúa reforzando o uso do galego entre as empresas. A través do programa Coidar para mellorar, mellorar para coidar, en colaboración co Departamento de Comercio, ofrécese un servizo de asesoramento e unha liña de subvencións para os establecementos que desexen mellorar a calidade da súa comunicación comercial e incorporar o galego.

Ler máis

ALCALDÍA

Bando do alcalde sobre a peonalización de varias rúas do Ensanche e instalación de terrazas

16/05/2020

O pasado 28 de abril, o Consello de Ministros adoptou o Plan para a transición cara á nova normalidade co que se inicia o proceso de redución das medidas extraordinarias de restrición da mobilidade e do contacto social, establecidas mediante o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo. Este proceso articúlase en catro fase (fase 0 a fase 3) que se irán sucedendo de xeito gradual en función da evolución dos datos epidemiolóxicos e do impacto das medidas adoptadas.

Ler máis
Compartir: