POLÏTICAS LINGÜÍSTICAS

Aberta a inscrición no obradoiro de acollemento lingüístico que organiza o Concello

06/10/2020

O próximo 13 de outubro empezará un obradoiro para persoas adultas que procedan doutras comunidades lingüísticas e queiran realizar un primeiro achegamento á lingua galega e á realidade cultural e social de Galicia. Esta actividade, gratuíta pero con prazas limitadas, foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Normalización Lingüística, Rubén Prol.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

A Asociación de Cancro de Mama Metastásico reclama "Máis investigación para máis vida"

06/10/2020

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou hoxe no Pazo de Raxoi a campaña "Máis investigación para máis vida", organizada pola Asociación de Cancro de Mama Metastásico para reclamar novas vías de financiamente para coñecer un cancro que afecta a 100.000 mulleres en España. A concelleira estivo acompañada pola presidenta da Asociación, Pilar Fernández Pascual; pola vogal en Galicia, Araceli Oubiña; e polo cantante de Inmaculate Fools, Kevin Weatherill, que...

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello estuda supender a taxa de terrazas para o ano que vén, segundo indicou o alcalde despois de runirse con representantes do sector hosteleiro

06/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo hoxe unha xuntanza con responsables da Asociación Hostelería Compostela. Houbo consenso en temas como horarios, terrazas e exencións fiscais. Sobre a taxa de terrazas, o alcalde lembrou que este ano se recortou en "99 días", os que estivo vixente o estado de alarma. Para o 2021 asegurou que se vai "considerar a súa suspensión". Unha decisión, indicou, que se tomará previsiblemente este mes de outubro, e que "imos levar a pleno", órgano...

Ler máis

URBANISMO

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente da fase 1 do proxecto de fibra óptica para a zona vella

06/10/2020

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, do "Proxecto de infraestrutura para o despregamento de Rede FTTH Orange/Jazztel na cidade histórica de Santiago de Compostela -Fase 1: Rúa do Franco e Rúa do Vilar, 34-84", que conta cun orzamento de execución material de 39.946,95 euros.

Ler máis
Compartir: