TURISMO

As Cidades Patrimonio promociónanse no Salon Mondial du Tourisme de París

15/03/2019

O Grupo de Cidades Patrimonio promociona a oferta turística, patrimonial e cultural das 15 cidades no Salon Mondial du Tourisme, que se celebra do 14 ao 17 de marzo en París. As Cidades Patrimonio apostan por un mercado de grande interese, xa que España mantense como destino internacional preferido dos franceses, cunha cota de mercado do 17,8% sobre o total de viaxes internacionais, seguida de Italia (12,7%), Bélxica e Luxemburgo (6,8%), Reino Unido (6,3%) e Alemaña (5,5%).

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O alumnado do Monte dos Postes participa nunha nova sesión de música tradicional no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes

15/03/2019

O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes acolleu esta mañá outra sesión de concertos de música tradicional que imparten Rosa Sánchez e Pablo Carpintero. Hoxe foi a quenda do alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Monte dos Postes, que asistiu ao obradoiro ás 10:00 e 11:00 horas. En total participaron preto de 100 nenos e nenas.

Ler máis

CONSORCIO

O martes 19 de marzo, último día para visitar na Casa do Cabido a exposición do artista Salvador GB Pereira

15/03/2019

A Casa do Cabido acolle, dende mediados do pasado mes de xaneiro, a exposición Nun recuncho de ningures, que reúne pezas do artista compostelán Salvador García-Bodaño Pereira, coñecido como RADU , realizadas con materiais reciclados. O derradeiro día para percorrela será o vindeiro martes, 17 de marzo. O horario da Casa do Cabido é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, de martes a sábado. Os domingos abre pola mañá, de 11:00 a 14:00 horas, e os luns...

Ler máis

ALCALDÍA

Asinado o convenio para desenvolver o proxecto da EDAR da Silvouta por diálogo competitivo

15/03/2019

O alcalde, Martiño Noriega, e a directora xeral de Acuaes, Rosa Cobo, asinaron hoxe en Madrid o convenio que permitirá determinar o proxecto de construción da EDAR da Silvouta a través dun proceso de diálogo competitivo. O rexedor expresou a súa satisfacción pola firma do acordo, que "permitirá que se constrúa unha nova depuradora á altura das necesidades de Santiago e na localización da actual EDAR da Silvouta".

Ler máis
Compartir: