CONSORCIO

Últimos días para solicitar as axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica de Santiago

05/11/2019

O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 75.000 euros á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica a través do seu Programa Localízate. As solicitudes e a documentación poderán presentarse no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 18 de novembro.

Ler máis

TURISMO

A cuarta edición de Compostela Ilustrada retratará a arquitectura contemporánea da cidade

05/11/2019

Xa está todo listo para a celebración da cuarta edición do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, que se celebrará dende o vindeiro xoves 7 de novembro ata o domingo 10. Catorce ilustradores e ilustradoras estará nas rúas para debuxar nesta ocasión a arquitectura contemporánea da cidade. Todo isto ao longo de catro xornadas nas que haberá obradoiros de rúa, exposicións, workshops e outras moitas actividades, entre as que destacan as Xornadas de Ilustración Urbana. O...

Ler máis

ALCALDÍA

As nove empresas que concorren á construción da nova EDAR da Silvouta presentan as súas propostas técnicas

05/11/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, asistiu hoxe en Madrid á presentación das nove propostas técnicas das empresas que participan no procedemento de concorrencia competitiva para a construción da nova EDAR da Silvouta. Segundo explicou o rexedor, está previsto que antes de Nadal, ACUAES preseleccione as catro empresas que considere máis axeitadas.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago acondicionará o cemiterio da Orde Terceira para a súa apertura á cidadanía

05/11/2019

No marco do programa de restauración de monumentos do Consorcio de Santiago, o organismo acaba de licitar as obras de acondicionamento do cemiterio da Orde Terceira Franciscana para a súa apertura ao público, por un importe global de 40.979,90 euros. A empresa adxudicataria é Obras Gallaecia, S.L. Prevese que a intervención estea rematada nun período de dous meses e medio.

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago participa na principal feira turística do Reino Unido

05/11/2019

Turismo de Santiago está promocionando a cidade cun mostrador no stand de Turespaña na World Travel Market, a feira máis importante do mercado británico, que ten lugar en Londres entre o 4 e o 6de novembro. Nesta feira turística participan máis de 50.000 profesionais do sector. Arredor do 50% deles son británicos, pero tamén hai unha importante presencia de profesionais europeos e asiáticos.

Ler máis
Compartir: