ALCALDÍA

O Concello aforrará máis de 300.000 euros deixando vacantes as direccións de área

19/06/2015

O alcalde compostelán, Martiño Noriega, anunciou que o Goberno municipal vai deixar vacantes as cinco direccións de área, das que catro se atopaban ocupadas actualmente. A supresión destas catro direccións suporá un aforro anual para o Concello de 301.360 euros. Sumada a outra dirección actualmente non ocupada, a reserva orzamentaria por estes cargos era de 367.000 euros anuais.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O I Encontro de Escolas e Agrupacións Municipais de Música reunirá máis de 200 músicos nas prazas compostelás

19/06/2015

A Concellería de Educación e Cidadanía e a Rede de Escolas de Música de Compostela súmanse un ano máis á celebración do Día Europeo da Música, que se celebra o domingo 21 de xuño. Nesta ocasión, varias prazas da cidade acollerán ao longo do sábado 20 o I Encontro de Escolas e Agrupacións Municipais de Música, con diversas actuacións nas que participarán máis de 200 músicos.

Ler máis

CONSORCIO

Oitenta e un rapaces aspiran a acceder ao curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais

19/06/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2015-2016. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que buscan perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.

Ler máis

CULTURA

Xosé Antonio Touriñán e Javier Veiga presentan este sábado "Por que as cousas sempre poden ir a peor" en Falabaratos

19/06/2015

Este sábado, noite de humor no Teatro Principal con dous dos humoristas de referencia do panorama galego, Xosé Antonio Touriñán e Javier Veiga. Será a partir das 21:00 horas cando poderemos velos unidos en Por que as cousas sempre poden ir a peor, unha historia para esmendrellarse de risa contada dende o punto de vista de dous personaxes totalmente distintos. Dous monólogos hilarantes dende dúas formas de entender a vida dentro do ciclo Falabaratos. O prezo da entrada é de 15 euros (12 no anfiteatro) e poden mercarse no despacho...

Ler máis
Compartir: