FACENDA

A rebaixa no tipo impositivo do IBI suporá neste 2015 un aforro medio de 60 euros no recibo dos contribuíntes composteláns

12/06/2015

O concelleiro de Facenda en funcións, Ramón Quiroga, ofreceu os últimos datos dispoñibles da campaña de cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI), que afectará a 45.000 contribuíntes e na que se tramitarán 90.000 recibos. A rebaixa do tipo impositivo ata o 0,54% suporá un aforro medio de 60 euros nos seus recibos para os contribuíntes composteláns.

Ler máis

SEGURIDADE E MOBILIDADE

A Policía Local disporá dunha nova web de servizo público con información sobre mobilidade en tempo real

12/06/2015

O concelleiro de Seguridade e Mobilidade en funcións, Alejandro Sánchez-Brunete, presentou a nova web da Policía Local, que entrará en funcionamento en vindeiros días. Acompañado polo inspector Francisco García e pola oficial Diana Parente, detallou as características dunha web que incorporará diversa información de servizo público e sobre a mobilidade na cidade.

Ler máis

EDUCACIÓN

Ábrese un prazo do 15 ao 25 de xuño para a preinscrición nos servizos de comedor e de madrugadores para o curso 2015-2016

12/06/2015

Do 15 ao 25 de xuño estará aberto o prazo de preinscrición nos servizos de comedor e de madrugadores na rede de centros públicos de infantil e primaria do Concello de Santiago para o curso 2015-2016. Os centros que disporán deste servizo son: Apóstolo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e CEIP Arquitecto Casas Novoa, neste último caso só o servizo de madrugadores.

Ler máis

ALCALDÍA

Agustín Hernández destaca o labor benéfico e asistencial da delegación compostelá da Asociación Española contra o Cancro

12/06/2015

O alcalde de Santiago en funcións asistiu no Palacio de Congresos á gala benéfica da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro. Agustín Hernández destacou "a forza e o poder de convocatoria desta organización", así como a "a implicación da sociedade da área de Compostela para colaborar co seu labor benéfico e asistencial".

Ler máis
Compartir: