ALCALDÍA

Agustín Hernández recibiu os membros da Fundación Inade e os galardoados nos Premios Galicia Segura

13/05/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi os integrantes do Padroado da Fundación Inade (Instituto Atlántico do Seguro), con motivo do Día Mundial do Seguro (14 de maio). Tamén participaron no acto o xurado e os galardoados nunha nova edición dos Premios Galicia Segura, que destacan os valores profesionais de organizacións, institucións, empresas ou profesionais pola súa dedicación ao risco e ao seguro a nivel nacional e internacional.

Ler máis

DEPORTES

A Volta Ciclista da Ascensión alcanza este xoves a súa XVII edición

13/05/2015

A Volta Ciclista da Ascensión chega xa á súa edición número XVII maña xoves 14 de maio. A proba discorrerá unha vez máis polo entorno de Santiago e terá saída (16:30 horas) e chegada na avenida de Xoán Carlos I. O calendario ciclista das Festas completarase o sábado 16, tamén ás 16:30 horas, coa celebración da Carreira ciclista de escolas-cadetes e féminas "Trofeo Concello de Santiago".

Ler máis

TURISMO

O aeroporto de Santiago suma xa trece meses seguidos de crecemento

13/05/2015

O aeroporto de Santiago sumou en abril o seu décimo terceiro mes consecutivo de crecemento. En abril o aeroporto de Santiago moveu 196.481 pasaxeiros, cun crecemento do 2,5% respecto do mesmo mes do ano pasado. O conxunto dos aeroportos galegos tivo no pasado mes 332.598 pasaxeiros, cunha cota de mercado do 59,07% para o aeroporto de Santiago, que consolida así a súa posición como aeroporto central e de referencia de Galicia.

Ler máis

CONSORCIO

O 25 de maio remata a inscrición no curso de posgrao de especialización orquestral

13/05/2015

O Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.

Ler máis

CULTURA

O parisiense Alexandre Tharaud clausura o VII Ciclo de Piano Ángel Brage

13/05/2015

O pianista parisiense Alexandre Tharaud, ao que teremos por vez primeira en Santiago, clausura o VII Ciclo de Piano Ángel Brage. Será este xoves 14 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, nun concerto enmarcado tamén dentro do Programa de Abono do Auditorio. As entradas para Tharaud teñen un prezo de 12 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou o propio día do concerto no Auditorio de Galicia dende as 18:00 horas.

Ler máis
Compartir: