INNOVACIÓN

Unha nova aplicación permitirá ao Concello recoller a opinión dos veciños sobre cuestións relevantes para a cidade

22/04/2015

O responsable de Innovación do Concello, Fernando Suárez, presentou en rolda de prensa ParticipAPP, unha nova aplicación de participación cidadá, incluída na iniciativa Smart iAGO grazas á cal o Concello poderá coñecer de primeira man a opinión dos veciños e veciñas sobre temas relevantes para a cidade. Así, a aplicación arrancará recollendo as suxestións cidadáns sobre a xestión de residuos, cara a telas en conta na elaboración do novo prego...

Ler máis

MOBILIDADE

Case 700 usuarios empregaron xa a aplicación móbil de reserva de estacionamento na avenida de Barcelona

22/04/2015

O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, anunciou que, a partir da vindeira semana, o proxecto piloto Apparcar – que permite a reserva de praza de estacionamento a través do móbil na avenida de Barcelona- introducirá algún cambio para mellorar a prestación do servizo a colectivos como os residentes. Ata o momento, 676 usuarios xa fixeron uso desta novidosa aplicación, efectuando 3.000 reservas.

Ler máis

SEGURIDADE E MOBILIDADE

A Policía Local de Santiago reforza a súa formación en técnicas de intervención policial

22/04/2015

Ata o vindeiro 4 de xuño, a Policía Local de Santiago reforza os seus coñecementos en técnicas de intervención policial participando no Curso básico de técnicas de operativa policial 2015 organizado polo Concello, que como cada ano, pon en marcha unha serie de actividades formativas dirixidas á Policía Local coa finalidade de garantir a súa formación continua.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE E MOBILIDADE

Continúan os traballos na rúa Carretas

22/04/2015

Nas próximas dúas semanas, a empresa encargada das obras de rehabilitación da rúa Carretas actuará entre a rúa García-Sabell e a entrada do almacén do Hostal dos Reis Católicos, nos primeiros oitenta metros lineais aproximadamente, realizando labores de demolición de pavimento e canalización de servizos.

Ler máis

CULTURA

Irene Aranda Trío grava o seu novo traballo, "Tribus", no Teatro Principal

22/04/2015

Na compaña do zanfonista Germán Díaz e con Lucía Martínez á batería, Irene Aranda presenta Tribus, un proxecto musical e discográfico desta pianista e compositora andaluza, recoñecida como un dos novos valores máis sólidos da escena española do jazz, que se xestará e gravará ao vivo no Teatro Principal este xoves.

Ler máis
Compartir: