XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local solicita axudas por 2,3 millóns de euros para 352 novas actuacións de rehabilitación nas ARI da Cidade Histórica, Vista Alegre e Pontepedriña

17/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a solicitude polo Goberno local da participación na convocatoria da Xunta de Galicia enmarcada no programa de renovación e rexeneración urbanas do Plan Estatal de Fomento 2013-2016, dirixida a concellos que teñan declarada algunha ARI no seu termo municipal, como é o caso de Santiago. O Concello demanda así as subvencións para un total de 352 actuacións nas ARI de Vista Alegre, Pontepedriña e Cidade Histórica.

Ler máis

CULTURA

Tras esgotar entradas no concerto de Ferrol desta semana, Leiva estará en Compostela en xuño coa súa xira "Pólvora"

17/04/2015

Leiva pechará o seu #PolvoraOnTour, unha das xiras de maior éxito no noso país, con 17 novas datas, coas que sumará case 100 concertos entre 2014 e 2015. O Barclaycard Center de Madrid, acollerá o próximo 4 de xullo o espectáculo final desta xira na que vén presentando Pólvora, o seu segundo traballo en solitario, co que se consolidou como unha referencia indispensable no panorama do rock feito en España. En Galicia, tras esgotar entradas en Ferrol esta semana, estará de novo o 19 de xuño en...

Ler máis

ALCALDÍA

Entregados os premios dos certames "Vive a Paixón en Galego" e "Debuxa comigo 2015" e a doazón 2.000 ceas para a Cociña Económica

17/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu a entrega de premios dos certames Vive a Paixón en Galego e Debuxa comigo 2015, impulsados pola Confraría de Estudantes, nun acto no que estivo acompañado pola subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, María Elvira Casal, e pola concelleira de Educación Maite Cancelo. Tamén participaron o presidente da Confraría de Estudantes, José Ramón Muñiz; a directora da Cociña Económica de...

Ler máis

CULTURA

Teatro, danza, música, humor e espectáculos familiares na axenda da fin de semana

17/04/2015

A programación cultural desta fin de semana ofrece ata oito citas co teatro, coa danza, coa música, co humor e con dous espectáculos específicos para nenos. O sábado haberá unha sesión de cabaré infantil (Merenda de libros), a representación de Pangeia no Salón Teatro e o humor de Ana Morgade. Para o domingo queda o concerto da Banda Municipal, novas funcións de Pangeia e Merenda de libros, un espectáculo infantil de música e danza (Estamos no...

Ler máis

ALCALDÍA

Agustín Hernández recibiu a algúns dos mellores especialistas españois en enfermidades da retina

17/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu os participantes en Retina Santiago. Curso de Actualización en Retina Médica e Quirúrxica, organizado polo Instituto Ofatlmolóxico Gómez-Ulla. O curso, que se celebra no Auditorio Abanca ata o mediodía do sábado, reúne a boa parte dos mellores especialistas de España no tratamento médico-quirúrxico das enfermidades da retina.

Ler máis
Compartir: