ALCALDÍA

Hernández presenta Santiago Suma, un plan de medidas sociais para que "ningunha familia da cidade careza dunha prestación para atender as necesidades básicas"

05/03/2015

O alcalde de Santiago presentou o novo catálogo de recursos sociais para os veciños e veciñas de Santiago, co obxectivo de atender aos colectivos mais vulnerables da nosa cidade. Tal como explicou Agustín Hernández, trátase dunha "estratexia integral de atención dirixida aos colectivos máis desfavorecidos", con recursos e medidas sociais para que "ningunha familia da cidade careza dunha prestación para atender as necesidades básicas".

Ler máis

EDUCACIÓN

Remata o prazo de presentación de traballos ao VIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

05/03/2015

Este venres, 6 de marzo, remata o prazo de presentación dos traballos do VIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado pola Concellería de Educación e Kalandraka e que conta cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O fallo do xurado coñecerase en abril, coincidindo co mes de libro e durante a Campaña Municipal de Animación á Lectura.

Ler máis

CONSORCIO

José María Montes Navío, novo director técnico da Real Filharmonía de Galicia

05/03/2015

José María Montes Navío acaba de ser nomeado novo director técnico da Real Filharmonía de Galicia (RFG). A finais de agosto de 2014 Oriol Roch, que levaba dez anos ao fronte da formación, solicitou un ano de excedencia no cargo para ocupar o de director xeral da Orquestra Sinfónica de Euskadi, polo que a praza quedou vacante. O Consorcio de Santiago, organismo encargado da xestión da Real Filharmonía, convocou a praza de director técnico con carácter de interinidade, posto para o que se valoraba a experiencia...

Ler máis

CULTURA

A compañía Derribaslapuerta presenta "Pieza teatral documental" no ciclo Danza 2015

05/03/2015

A compañía Derribaslapuerta abre este venres a programación do ciclo Danza 2015 con Pieza teatral documental. Será ás 20:30 horas no Teatro Principal e, ademais do espectáculo de danza, poderemos ver o audiovisual que prepararon xunto á produtora galega Deica. As entradas teñen un prezo de 6 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Coa compra da entrada entregarase o bono...

Ler máis

CULTURA

Os míticos Burning presentan o seu novo disco "Pura sangre" no Compostela Rock

05/03/2015

Burning, a banda madrileña autora de temas como "Qué hace una chica como tú en un sitio como éste", "Mueve tus caderas" ou "Ésto es un atraco", volven oito anos despois da súa última actuación en Santiago á Sala Capitol para presentar Pura Sangre, o seu último disco, que os situou de novo en todas as listas do mellor do ano.

Ler máis
Compartir: