XUNTA DE GOBERNO

O alcalde anuncia que Santiago volverá a ser sede de Womex en 2016

31/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno da encomenda á empresa municipal Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa) da contratación doutra edición do evento Womex, que se celebrará en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro de 2016.

Ler máis

FACENDA

O Concello destinará o superávit do orzamento de 2014 a un contrato de pavimentación das vías públicas e a novos proxectos comerciais, turísticos e culturais

31/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o concelleiro de Facenda, Ramón Quiroga, deron conta da aprobación pola Xunta de Goberno da liquidación do orzamento do exercicio 2014, que reflicte un superávit de case 1,9 millóns de euros. Esta cantidade, sumada ao aforro de 1,2 millóns de euros polo refinanciamento do crédito ICO solicitado en 2012 e ás baixas nas adxudicacións dalgúns proxectos, permitirá habilitar un crédito de 3,1 millón de euros, parte do cal se destinará a un novo...

Ler máis

SERVIZOS SOCIAIS

O proxecto fotográfico "Causas comúns" chega a Santiago de Compostela

31/03/2015

Esta mañá, tras a Asemblea na que se presentou o plan de actividades do Fondo Galego para 2015, a sede da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) acolleu a presentación do proxecto fotográfico Causas comúns, a prol dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa, que tras unha primeira fase en Guinea Bissau, chega a Galicia. O secretario executivo da Plataforma de ONGD da rexión de Bafatá, Boubakar Djalo, o fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón e a traballadora social Rocío...

Ler máis

CULTURA

Projecto Alba e a Real Filharmonía de Galicia na xornada do mércores do Festival de Músicas Contemplativas

31/03/2015

Dentro do Festival de Músicas Contemplativas, na xornada do mércores poderemos escoitar ao Projecto Alba e á Real Filharmonía de Galicia. Os primeiros presentan o programa Para lá do Fado… de Coimbra a Fisterra, ás 19:00 horas, na Igrexa da Universidade, na súa primeira incursión en terras galegas. E ás 21:00 horas, no Convento do Carme de Arriba, a Real Filharmonía de Galicia ofrece as cantatas para alto de Bach dirixida por Maximino Zumalave e coa mezzosoprano Marta Infante. Ambos concertos serán con...

Ler máis

CULTURA

Visitas guiadas e talleres no Auditorio

31/03/2015

Ata o mes de xuño de 2015 pode verse no Auditorio de Galicia a mostra Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns', que nos achega a unha parte da extensa produción de Leopoldo Nóvoa, un creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes. A liña de traballo que propón a comisaria, Mercedes Rozas, pasa por traer á sala diferentes obras en papel e cartón (probas de autor, gravados, pochoirs, técnicas mixtas sobre papel etc..) moitas delas inéditas e reunidas para a que é a primeira...

Ler máis
Compartir: