XUNTA DE GOBERNO

O alcalde indica que a nova ordenanza de tramitación de licenzas urbanísticas fará que "sexa máis fácil e máis rápido que nunca emprender un negocio en Santiago"

13/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación inicial pola Xunta de Goberno dunha nova Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa. Esta norma, que axilizará a tramitación na posta en marcha das actividades e obras de acondicionamento de locais, fará que "sexa máis fácil e máis rápido que nunca emprender un negocio en Santiago".

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A norma reguladora do plan "Santiago Suma" garantirá a posta en marcha dun programa social municipal ao que o Concello destina un 86% máis que o pasado ano

13/03/2015

A Xunta de Goberno deu o visto bo inicial á Ordenanza reguladora do programa "Santiago Suma", que recolle o contido do plan integral presentado a pasada semana e que supón un reforzo das medidas de inclusión social adoptadas por outras administracións. Inclúese así o novo catálogo de prestacións e medidas, no cal figura, entre outras, a renda de solidariedade activa.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello encomenda ao Consorcio o proxecto de restauración do Auditorio

13/03/2015

O Consorcio de Santiago será o encargado, a través dunha encomenda de xestión, de elaborar un proxecto de restauración do edificio do Auditorio de Galicia. A intervención estará destinada a reparar os danos que presenta, para que siga a manter os seus valores estéticos e cumpra o seu papel fundamental de acoller as actividades para as que foi deseñado como primeiro contedor cultural da cidade.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

Un punto limpo móbil percorrerá os barrios da cidade para facilitar a xestión de residuos non voluminosos e a recollida selectiva

13/03/2015

A Concellería de Desenvolvemento Urbano Sostible, a través da empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida e do tratamento de residuos, pon en marcha un Punto Limpo Móbil, co obxectivo de dar a coñecer e facilitar a xestión de residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva. Este punto limpo móbil estará cada sábado nun punto da cidade ou do rural.

Ler máis

SERVIZOS SOCIAIS

Entrega de diplomas aos participantes noutra edición do programa de emprego Acceder

13/03/2015

A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, clausurou o acto de entrega de diplomas do programa Acceder, celebrado na sede compostelá da Fundación Secretariado Xitano. Trinta persoas recibiron a credencial pola súa formación teórica e práctica en Dependente de comercio, Controlador de accesos, Acompañante de transporte escolar, Auxiliar de estética e Camareiro de sala e banquetes.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio finaliza as obras na igrexa de Santa Mariña de Verdía, centradas na restauración do retablo e na eliminación de humidades no templo

13/03/2015

Dentro das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo fóra da cidade histórica, acaban de rematar varias intervencións na igrexa de Santa Mariña de Verdía, localizada na parroquia do mesmo nome, a uns dez quilómetros ao norte da cidade. Trátase, por un lado, da restauración do retablo maior, de orixe barroca, cun orzamento de 19.178,50 euros. Ademais, mellorouse a cuberta e as revocaduras exteriores e interiores do templo para resolver os problemas de humidade que afectaban ao inmoble, traballos que alcanzaron os 40.140...

Ler máis

PATRIMONIO

Santiago albergará o 16 de maio un concerto do II Ciclo de Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España

13/03/2015

A Raíña Dona Sofía presidiu en Alcalá de Henares o concerto con que se inaugurou o II Ciclo Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España en colaboración coa Fundación Albéniz e coa Escola Superior de Música Reina Sofía. Este ciclo chegará a Santiago de Compostela o sábado 16 de maio, cun concerto do Cuarteto Medelssohn de BP, ás 20:00 horas, na igrexa da Compañía.

Ler máis
Compartir: