ECONOMÍA

Os afeccionados ás caravanas teñen unha cita esta fin de semana en Área Central

12/03/2015

O Concello de Santiago colabora coa II Feira Caravana Compostela, que se celebra dende este venres 13 ata o domingo 15 en Área Central. A titular de Economía, Reyes Leis, presentou este evento, que reunirá na Praza de Europa uns cincuenta vehículos, entre caravanas, autocaravanas e carros-tenda, das empresas máis importantes e das marcas principais do sector da caravana de Galicia. O seu horario será de 11:00 a 20:00 horas durante os tres días.

Ler máis

CULTURA

Compostela acolle este sábado os XXIV Premios Irmandade do Libro

12/03/2015

A Federación de Librarías de Galicia celebra este sábado 14 de marzo, ás 18:00 horas, na Cidade da Cultura, a súa tradicional festa de entrega dos Premios Irmandade do Libro. A XXIV edición deste evento foi presentada en Raxoi nunha rolda de prensa na que se deu a coñecer o nome da gañadora do premio na categoría Autor: Yolanda Castaño.

Ler máis

CONSORCIO

Expertos europeos avanzan en Santiago na creación dunha ferramenta de mellora da sustentabilidade enerxética dos barrios

12/03/2015

O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo FASUDIR (Friendly and Affordable Sustainable Urban District Retrofitting), centrado en lograr a eficiencia enerxética dos edificios e barrios das cidades de Europa. No marco desta iniciativa, estes días reúnense en Santiago os socios do proxecto, dende o mércores ata este venres, no Centro de Estudos Avanzados. A cidade compostelá intervén neste programa como caso de estudo.

Ler máis

CONSORCIO

O mestre catalán Antoni Ros Marbà dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia

12/03/2015

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. Hoxe xoves a orquestra desprazarase a Pontevedra, onde actuará no Teatro Afundación da cidade, ás 20:30 horas. E mañá venres tocará en Santiago, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o mestre catalán Antoni Ros Marbà, que foi director titular da RFG durante 14 anos. Na actualidade é profesor e director titular da Cátedra de Orquestra de Cámara Freixenet da Escola Superior de Música...

Ler máis

ECONOMÍA

Aberto o prazo de inscrición para participar no programa Urbano Norte de promoción da actividade empresarial

12/03/2015

A Concellería de Economía organiza do 23 ao 27 de marzo o programa Urbano Norte de promoción da actividade empresarial. O programa está dirixido a persoas emprendedoras, emprendedores, traballadores, persoas desempregadas e veciños, que terán a oportunidade de asistir a diversos módulos formativos. Todos eles impartiranse nun autobús histórico de 25 prazas. Este programa organízase dentro do Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Ler máis

EDUCACIÓN

Finaliza o prazo de inscrición no Programa de Conciliación para a Semana Santa

12/03/2015

Este venres 13 de marzo remata a inscrición no Programa Municipal de Conciliación para a Semana Santa 2015, organizado pola Concellería de Educación. Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa para de conciliación para as familias no tempo de vacacións da Semana Santa.

Ler máis
Compartir: