CONSORCIO

O Consorcio colaborará con diversas entidades culturais da cidade, ás que achegará un total de 780.000 euros en 2015

05/02/2015

O Consorcio de Santiago celebrou a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados, aprobáronse convenios con diversas entidades, na súa maioría con fins culturais. Tamén se deu conta dos programas de monumentos, exposicións e publicacións do Consorcio para este ano. E aprobáronse as bases de acceso ao curso de posgrao da Escola de Altos Estudos Musicais para o curso académico 2015-2016.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello repón muros en varias rúas do barrio das Fontiñas

05/02/2015

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o edil de apoio desta área, Luis Meijide, visitaron o barrio das Fontiñas, onde o Concello acometeu a reposición de muros nas rúas de Bruxelas, Londres e Roma. A actuación incluíu tanto a reparación dos tramos de muro deteriorados como a recomposición das beirarrúas e a mellora dos sistemas de drenaxe.

Ler máis
Compartir: