CONSORCIO

A Casa do Cabido volve proxectar a imaxe invertida da Torre do Reloxo da Catedral

11/02/2015

O Consorcio de Santiago convida a todos os cidadáns e visitantes a asistir a un curioso espectáculo na Casa do Cabido, na praza das Praterías. Na segunda planta do edificio, os interesados terán a oportunidade de ver, en total escuridade, a imaxe da Torre do Reloxo da Catedral proxectada de xeito invertido nas paredes do interior do inmoble. Será dende este xoves, día 12, ata o vindeiro mércores 18 de febreiro, agás o luns, xa que a Casa do Cabido permanece pechada como é habitual.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reitera a aposta municipal pola introdución de criterios de eficiencia e sustentabilidade na contratación pública

11/02/2015

O alcalde de Santiago asistiu á inauguración da II Xornada sobre Aforro e Eficiencia en Instalacións Industriais, organizada pola delegación compostelá do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) en colaboración coa revista galega de enerxía Dínamo Técnica. Na súa intervención, Agustín Hernández reivindicou as medidas postas en marcha no Concello en materia de innovación co fin de incrementar os niveis de eficiencia enerxética e sostibilidade.

Ler máis

CONSORCIO

Rematan as obras na igrexa de San Agustín, centradas na limpeza da fachada e na erradicación das humidades

11/02/2015

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras na igrexa de San Agustín, centradas na limpeza da súa fachada, e que se iniciaran a principios do mes de decembro. En particular, abordáronse os problemas de crecemento de plantas e de entrada de auga a través das xuntas da pedra da fachada. A intervención, executada pola empresa TRYCSA, tivo un orzamento global de 49.292,40 euros.

Ler máis

ALCALDÍA

Agustín Hernández resalta a coordinación entre Policía Local e Policía Nacional para seguir facendo de Santiago de Compostela unha cidade segura

11/02/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, presidiron a Xunta Local de Seguridade. Na mesma, entre outras cuestións, analizáronse os índices de criminalidade na cidade dos anos 2014 e do inicio de 2015, constatando unha evolución que segue a reflectir que Santiago de Compostela é unha cidade segura. Destaca a diminución en 2014 dos roubos con forza, das infraccións por tráfico de drogas e dos danos.

Ler máis
Compartir: