IGUALDADE

O alcalde e a concelleira de Igualdade visitan algúns dos establecementos adheridos á campaña "Compostela en Negro"

23/11/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Marta Lois, fixeron este luns un percorrido polas rúas do Ensanche, onde comprobaron a grande acollida que tivo entre o comercio da cidade a campaña de sensibilización sobre a violencia de xénero impulsada desde a Concellería de Igualdade, Compostela en Negro. No seu percorrido estiveron acompañados polos voceiros do BNG, Rubén Cela; do PP, Agustín Hernández; e polo concelleiro socialista Gonzalo Muíños.

Ler máis

LINGUA

O Goberno local comprométese a darlle un novo pulo ao programa Apego

23/11/2015

O Goberno local traballa co obxectivo de revitalizar o Programa Apego, que naceu hai seis meses co obxectivo de fomentar o uso do galego entre a infancia e de promover a socialización na nosa lingua no eido familiar. Así o asegurou o alcalde, que esta mañá presentou o obradoiro "Recursos en galego para a educación infantil", que se vai desenvolver ao abeiro do Apego. Martiño Noriega incidiu en que "Compostela é a capital da lingua, e temos que seguir co traballo en prol da dinamización do galego que se empezou na cidade...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O director Fernando Colomo presenta a súa "Isla Bonita" en Cineuropa

23/11/2015

Este martes, Cineuropa recibe a visita de Fernando Colomo para presentar o seu novo traballo, Isla Bonita, a historia dun director en horas baixas convidado por un amigo á súa casa en Menorca. Trátase dun máis que probable autorretrato certeiro, honesto e refrescante. Realizada cun orzamento mínimo, deixa unha ampla marxe para a improvisación dos actores, moitos deles non profesionais que, a pesar diso, protagonizan hilarantes diálogos sobre o amor ou a arte. A cita con Colomo terá lugar ás 20:45 h no Salón Teatro.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Guadalupe Plata e Hendrik Röver & Los Míticos GT’s, este venres en Compostela dentro do ciclo Blues Nite

23/11/2015

Os andaluces Guadalupe Plata chegan este venres a Compostela para ofrecer un concerto dentro do ciclo Blues Nite. Será a partir das 21:30 horas na Sala Capitol e estarán acompañados por Hendrik Röver &Los Míticos GT´s. As entradas poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal, en A Reixa Tenda, Miranda, ticketea.com e salacapitol.com a un prezo de 12 euros anticipada e 15 euros o día do concerto.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio remata as obras no Auditorio de Galicia, destinadas a evitar as filtracións da auga da choiva ao interior do edificio

23/11/2015

O Consorcio de Santiago realizou obras no Auditorio de Galicia co fin de eliminar as humidades nas cubertas dos corpos que conforman a sala de exposicións, a cociña e a cafetería do inmoble. Os traballos, destinados a garantir a estanquidade do edificio, levounos a cabo a empresa Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L., cun orzamento global de 66.550 euros.

Ler máis
Compartir: