SERVIZOS SOCIAIS

O Concello de Santiago incrementa nun 43% a achega a Proxecto Home, que alcanzará os 60.000 euros neste exercicio 2015

28/01/2015

A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistiu á inauguración das xornadas Entender, previr, tratar, que se celebran do 28 ao 30 de xaneiro no marco do XXV aniversario do programa Proxecto Home. No acto, celebrado na sede da entidade na rúa Cottolengo, a edil declarou a súa estima e consideración a Proxecto Home polo "transcendental papel que desenvolve na súa tripla vertente de prevención, rehabilitación e reinserción de persoas afectadas por calquera tipo de adición".

Ler máis

DEPORTES

O Concello entregará os Premios Santiago Deporte nunha gala o 10 de febreiro

28/01/2015

A concelleira de Deportes, María Corral, anunciou en rolda de prensa os oito gañadores dos Premios Santiago Deporte 2014. Estes galardóns, que recoñecen publicamente a persoas, entidades, centros educativos e empresas polo seu labor deportivo no ano 2014, serán entregados na II Gala do Deporte de Santiago, que se celebrará o martes 10 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.

Ler máis

CULTURA

Cinco novas propostas escénicas alternativas na Zona C dentro do Bono de Teatro Galego

28/01/2015

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron os vindeiros eventos que poderemos ver na Zona C dentro do Bono de Teatro Galego (e Portugués). Na rolda estiveron tamén catro dos protagonistas deses espectáculos: Diego Freire, de Falándolle a un espello; Rafa Janeiro "nenoescuro", de Fragmentos do desterro; Esther F. Carrodeguas, de Supermarket, e Antón Coucheiro, de Psicópata. Non puido asistir Roi F.F., de...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio promove a rehabilitación de elementos especiais de madeira e de reixas en 17 inmobles da cidade histórica

28/01/2015

O Consorcio de Santiago está a destinar un total de 77.081,63 euros en axudas para a rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas en inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Acaban de comezar varias das obras, que se van levar a cabo en 17 inmobles, cunha media de 4.535 euros de axuda por intervención. Con esta iniciativa búscase optimizar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns, ademais de mellorar o...

Ler máis

ALCALDÍA

Axenda de Turismo de Santiago en Fitur 2015 na xornada do xoves 29 de xaneiro

28/01/2015

O programa da participación de Santiago en Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro, inclúe reunións profesionais, sinatura de convenios e a presentación de diversos productos. As actividades promocionais realizaranse fundamentalmente este xoves 29 de xaneiro.

Ler máis
Compartir: