ALCALDÍA

O alcalde enmarca a presenza en Fitur na estratexia de incremento do turismo foráneo e de recuperación do doméstico para 2015

27/01/2015

O alcalde da cidade, Agustín Hernández, presentou o programa da participación de Santiago en Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro. As actividades, que inclúen reunión profesionais e a presentación de diversos productos, enmárcanse na estratexia de Turismo de Santiago de seguir medrando na captación de turismo estranxeiro e na recuperación das cifras do turismo doméstico. As presentacións promocionais realizaranse este xoves 29 de xaneiro.

Ler máis

CULTURA

Dobre concerto do británico Vessel e do portugués Atilla dentro do Compostela Rock

27/01/2015

O británico Vessel e o portugués Atilla protagonizan unha noite de electrónica de vangarda este mércores 28, ás 21:00 horas, na Fundación SGAE. Este concerto enmárcase dentro do ciclo Compostela Rock, organizado polo Concello de Santiago de Compostela, e en colaboración coa asociación Desconcierto Cultural. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas, ou tamén na Reixa Tenda e en desconciertocultural.ticketea.com. O prezo é de 10 euros...

Ler máis
Compartir: