SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Santiago de Compostela únese á celebración da Semana Europea da Mobilidade

20/09/2014

Mañá domingo, Santiago de Compostela acolle varias actividades para celebrar a Semana Europea da Mobilidade. Así, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) e a Asociación Cívica Composcleta organizan unha xornada de sensibilización en prol da mobilidade sostible e do uso da bicicleta. Ademais, a UMAD preparou unha xornada destinada á mocidade con charlas e un percorrido urbano en bicicleta. O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete, asistirá a estas actividades.

Ler máis
Compartir: