ALCALDÍA

Agustín Hernández recibiu unha delegación do Grupo Cidades Patrimonio

14/09/2014

O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, do que Santiago de Compostela é membro fundador, foi un dos patrocinadores desta edición da Volta Ciclista a España. Con tal motivo, unha delegación do Grupo, encabezada polo seu actual presidente e alcalde de Alcalá de Henares, Javier Bello, desprazouse a Santiago para a última etapa e foi recibida polo alcalde compostelán, Agustín Hernández.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago de Compostela viviu nas rúas o mellor ciclismo e proxectouse ao mundo na última etapa da Volta Ciclista a España

14/09/2014

Composteláns e visitantes saíron ás rúas da cidade para gozar, malia a choiva, da última etapa da Volta Ciclista a España. A proba contra o reloxo entre a Cidade da Cultura e a praza do Obradoiro, gañada polo corredor italiano Adriano Malori, puxo fin a esta edición de La Vuelta, gañada por Alberto Contador. Foi unha xornada de deporte e de lecer, con diversas actividades paralelas á carreira, e unha oportunidade para proxectar Santiago cara o mundo a través dun evento que chega a 178 países.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde agradece a elección de Santiago para a terceira edición da Taiwan Excellence

14/09/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado polas concelleiras Reyes Leis e Marta González, asistiu á inauguración na praza do Obradoiro de Taiwan Excellence e participou na entrega dos galardóns á Excelencia ao Deporte. Con motivo da chegada a Santiago da Volta Ciclista a España, dende as 10:00 ás 20:00 horas, Taiwan Excellence ofrece unha xornada de exhibición, gratuíta e aberta a todo o público, para dar a coñecer a excelencia dos produtos da industria taiwanesa.

Ler máis

ALCALDÍA

Os máis pequenos tamén viviron a súa etapa ciclista na Volta Junior

14/09/2014

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, participou ao longo da xornada en diversos actos relacionados coa última etapa da Volta Ciclista a España e coa programación paralela organizada arredor da mesma. Así, antes da proba dos profesionais, o alcalde cortou a cinta de saída da Volta Junior. Logo, a concelleira de Deportes, María José Corral, entregou as medallas no Obradoiro.

Ler máis
Compartir: