ALCALDÍA

O alcalde destaca que Compostela Gastronómica nace co obxectivo de "mostrar que Galicia sobre todo é boa gastronomía"

10/09/2014

Santiago de Compostela acollerá Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega. O obxectivo do evento, tal como destacou o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, na súa presentación en Madrid, é "mostrar que Galicia non é só bo produto; queremos mostrar que Galicia sobre todo é boa gastronomía, con cociñeiros moi preparados que saben respectar e realzar unha materia prima excelente".

Ler máis

EDUCACIÓN

Publicadas as listas de admitidos e excluídos nos servizos de comedor e de madrugadores

10/09/2014

O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha este mércores, 10 de setembro, o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nova edición de Compostela Cine Classics, coa proxección de doce filmes, coloquios, obradoiros, música e exposicións

10/09/2014

A Concellería de Centros Socioculturais presenta a terceira edición do programa Compostela Cine Classics, que nesta ocasión ofrecerá a proxección de doce filmes de diferentes xéneros, intentando unha vez máis achegar o feito cinematográfico ao público compostelán. A iniciativa foi presentada en rolda de prensa pola concelleira de Centros Socioculturais, María Antón, acompañada por Diego Vázquez, coordinador do programa, e Ángel Luis Hueso, catedrático da Historia da Arte e...

Ler máis

CULTURA

Sons de reggae, fado, soul, folk, gospel ou jazz animarán o outono compostelán

10/09/2014

Dá comezo a programación de Sons do último cuatrimestre do ano, na que estarán presentes músicos galegos, nacionais e internacionais, que subirán aos escenarios de Teatro Principal, Auditorio de Galicia, Auditorio Abanca, Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC e Sala Capitol, programación que foi presentada esta mañá pola concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, e polo director – xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.

Ler máis

EDUCACIÓN

Normalidade no inicio do curso escolar

10/09/2014

A concelleira de Educación, María José Corral, visitou o CEIP Raíña Fabiola con motivo do inicio do curso escolar. A continuación pasou tamén polo CEIP Pío XII.

Ler máis
Compartir: