DEPORTES

Afeccionados ao ciclismo de todas as idades participaron nunha marcha urbana polas rúas de Santiago de Compostela

13/07/2014

Co obxectivo de contaxiar o entusiasmo e os valores do ciclismo entre os afeccionados, Movistar celebrou, por primeira vez en Santiago, unha das súas emblemáticas marchas ciclistas urbanas, capitaneada por Iván Gutiérrez e Igor Antón, membros do Movistar Team. A proba contou coa participación do alcalde compostelán, Agustín Hernández, que non quixo perderse esta marcha polas rúas da cidade.

Ler máis
Compartir: