CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan os obradoiros para preparar os adornos da Árbore das Ilusións

09/12/2014

O Concello de Santiago promove neste Nadal a iniciativa A árbore das ilusións. Trátase de decorar entre todos a árbore de Nadal que se situará na praza Roxa. Peza por peza, búscase representar as ilusións e desexos dos veciños de Santiago, partindo da idea de que, en moitas culturas, a árbore é símbolo de unión e de historia colectiva.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novas proxeccións e actividades nestas datas de Nadal do Compostela Cine Classics

09/12/2014

O programa Compostela Cine Classics trae novas propostas para estas datas próximas ao Nadal. Así, para os venres 12 e 19 de decembro ten preparados os pases de O tolo do pelo rubio (Vincent Minnelli, 1956), cos comentarios do profesor de Historia do Cine da USC José María Folgar de la Calle, e de Que fermoso é vivir (Frank Capra, 1946), filme do que falará a profesora e investigadora da Duke University Alejandra Juno.

Ler máis

CULTURA

Segunda edición de Sons Tránsitos con Vítor Ramil, Luar na Lubre e Andrés Penabad

09/12/2014

En decembro volve a Compostela a segunda edición do Festival Sons Tránsitos, con dúas xornadas protagonizadas por Luar na Lubre, que serán teloneados polo acordeonista eumés Andrés Penabad e polo cantautor brasileiro Vítor Ramil, que estará acompañado polos galegos Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Uxía. O festival foi presentado pola concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, ademais da directora do...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde analizou co presidente da CEG a situación do tecido empresarial de Santiago

09/12/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reuniuse co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Fernández Alvariño. No encontro analizaron a situación de Santiago en relación ao seu tecido empresarial e o seu mercado laboral. Tamén se abordou o estado de infraestruturas como o acceso ao Polígono do Tambre ou a variante de Aradas.

Ler máis

CONSORCIO

Un estudo analiza por primeira vez as máis de 2.300 marcas de cantería que se conservan das primeiras fases construtivas da Catedral

09/12/2014

En el principio: Génesis de la Catedral Románica de Santiago de Compostela é unha obra dirixida por José Luis Senra, profesor de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid. Está coeditada polo Consorcio de Santiago, Teófilo Edicións e a Fundación Catedral de Santiago. Foi presentada nun acto celebrado no Museo das Peregrinacións e de Santiago, presidido polo alcalde, Agustín Hernández, ao que tamén asistiron o editor José Luis Teófilo; o director da Fundación...

Ler máis

ALCALDÍA

O Belén da Catedral de Santiago exhibe ata o 7 de xaneiro máis de 500 pezas talladas a man

09/12/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañados polo deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, inauguraron o Belén instalado na Catedral e promovido por esta última entidade autonómica. O Nacemento ocupa 55 metros cadrados e nel pódense contemplar máis de 500 pezas de gran tamaño, talladas a man, cun traballo delicado e minucioso, en consonancia coa rica tradición da ourivería compostelá. Este Belén poderá ser visitado ata o...

Ler máis

CULTURA

"Eurozone", de Chévere, e "Pan! Pan!", de A Panadaría, propostas teatrais desta semana

09/12/2014

A Concellería de Cultura ofrece esta semana dúas propostas dentro do programa do Bono de Teatro Galego que ofrece en colaboración co AGADIC. Trátase de Eurozone, dos recentemente nomeados Premio Nacional de Teatro Chévere, que ofrecen dúas funcións, mércores 10 e xoves 11 ás 21:00 horas no Teatro Principal, e de Pan! Pan!, da compañía A Panadaría, gañadora do premio Xuventude CREA 2013, que estará na Zona C do mércores 11 ao sábado 13 ás 20:30 e o domingo 14...

Ler máis
Compartir: