CULTURA

Trinta e dúas funcións de vinte propostas diferentes no ciclo Infantil & Familiar

07/10/2014

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación do ciclo Infantil & Familiar para este último trimestre do ano. En total son 32 funcións de 20 propostas culturais que ofrecen teatro infantil, música clásica e contemporánea, contos musicais, circo, cinema e títeres. No programa participan a Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal, e algúns eventos están enmarcados noutros ciclos do Departamento de...

Ler máis

CULTURA

Ana Belén protagoniza "Kathie y el hipopótamo", de Mario Vargas Llosa

07/10/2014

Ana Belén protagoniza a obra Kathie y el hipopótamo, de Mario Vargas Llosa dentro do programa de Teatro & Danza. Será este domingo 12 de outubro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, cando poderemos ver esta obra que chega a Compostela da man de PLATEA, Programa Estatal de Artes Escénicas promovido polo INAEM.

Ler máis

CONSORCIO

Reedítase o estudo biográfico "San Francisco de Asís (siglo XIII)", de Emilia Pardo Bazán, publicado en 1882 e inaccesible hoxe en día

07/10/2014

Con motivo da conmemoración dos 800 anos da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela, reeditouse o estudo biográfico San Francisco de Asís (siglo XIII), de Emilia Pardo Bazán, publicado en 1882, posto que na actualidade non se dispón de ningunha edición accesible. O estudo preliminar é de José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española da Universidade de Santiago e coordinador do Grupo de Investigación "Emilia Pardo Bazán" da USC, ao que...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago adxudica o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica por 79.134 euros

07/10/2014

O Consorcio de Santiago vén de adxudicar a segunda fase do servizo de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para este ano, por un importe de 79.134 euros. A empresa Renovatio, Conservación del Patrimonio Artístico, S.L., comezará os traballos o vindeiro luns. A primeira fase, cun presuposto de 48.850,50 euros, executouse entre os meses de xaneiro e marzo.

Ler máis

CONSORCIO

Turismo de Santiago acompaña a Real Filharmonía nunha xira de cinco concertos por León, Pamplona, Santander e Burgos

07/10/2014

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) inicia este mércores unha xira que a levará ao Auditorio de León (8), ao Palacio Baluarte de Pamplona (9 e 10), ao Palacio de Festivais de Santander (11) e ao Fórum Evolución de Burgos (12 de outubro). Turismo de Santiago acompañará a orquestra nesta xira para promocionar Santiago no mercado doméstico.

Ler máis
Compartir: