DEPORTES

Maratón deportivo solidario no Multiúsos Fontes do Sar con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama

15/10/2014

O Multiúsos Fontes do Sar acollerá este domingo 19 de outubro, de 18:00 a 21:00 horas, o maratón deportivo solidario Pink Power, con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama. Haberá clases dirixidas de zumba, capoeira e bodycombat na pista central do recinto, ademais de actividades para os máis pequenos. A inscrición supón un donativo de 5 euros, destinados integramente á Asociación Española contra o Cancro (AECC).

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Máis actividades en Compostela Cine Classics

15/10/2014

Continúan unha semana máis as actividades do programa sociocultural Compostela Cine Classics 2014, desta vez cunha nova proxección e co primeiro dos concertos do Cine Classics Música.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece este venres o concerto conmemorativo do 25º aniversario do Auditorio de Galicia

15/10/2014

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dous concertos. O primeiro será o venres en Santiago, ás 21:00 horas, para conmemorar o 25º aniversario do Auditorio de Galicia. E o sábado a orquestra actuará no Palacio da Ópera da Coruña, ás 20:00 horas. En ámbalas citas levará a batuta o director titular e artístico da agrupación, Paul Daniel.

Ler máis

CONSORCIO

Nova xornada de portas abertas na igrexa conventual de Santa Clara para coñecer as monteas descubertas no chan do templo

15/10/2014

O Consorcio de Santiago vai celebrar este xoves, ás 20:00 horas, unha nova xornada de portas abertas na igrexa conventual de Santa Clara para dar as coñecer as monteas do século XVIII descubertas no pavimento do templo, debido ao éxito da primeira experiencia, que tivo lugar a semana pasada. Estes debuxos a tamaño natural realizounos a cuadrilla que no seu día traballou na construción do edificio e servían como guía aos canteiros á hora de tallar cada pedra.

Ler máis

CULTURA

Últimas funcións de "A Tempestade", de Shakespeare, con Voadora

15/10/2014

A compañía compostelá Voadora está a ofrecer durante este mes de outubro dez funcións de A tempestade, de William Shakespeare, dentro do programa do Bono de Teatro Galego. As dúas últimas funcións son esta semana, o xoves 16 e o venres 17, ás 20:30 horas, no Salón Teatro.

Ler máis
Compartir: