ALCALDÍA

O alcalde observa con "certa satisfacción" a evolución da pandemia na cidade

20/11/2020

Xosé Sánchez Bugallo amosou hoxe unha "certa satisfacción" pola baixada das cifras relativas á COVID no municipio. "Sería terrible que o enorme sacrificio que está facendo a cidadanía, e en especial algúns sectores, non se vise compensado", indicou na comparecencia semanal dos venres, na que tamén valorou moi positivamente os dous acordos que se concretaron no pleno do martes pasado: a aprobación inicial da modificación do PXOM no relativo aos pisos turísticos e o emprego do remantente de...

Ler máis

IGUALDADE

Presentado o vídeo que se difundirá nos CSC do rural con motivo do 25N e no que se reflexiona sobre a desigualdade desde unha perspectiva masculina

20/11/2020

A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou o video que se difundirá nos centros socioculturais do rural, e a través das redes sociais, no marco da campaña "Compostela en negro", con motivo do 25 de novembro. Xunto á peza audiovisual, protagonizada por homes, vanse difundir en redes distintas frases e reflexións sacadas das entrevistas, como "Vou cambiar", "Eu tamén fago autocrítica", ou "Non axudo. Fágoo". Na presentación tamén estiveron...

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello concede a Cogami unha parcela para a construción da súa sede e a de tres centros de emprego

20/11/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente da Confederación galega de persoas con discapacidade, Anxo Queiruga, formalizaron esta mañá no Pazo de Raxoi a concesión dunha parcela, sita no SUNP-4 das Cancelas, para a construción da sede de Cogami, de Galega de Economía Social (GES), así como a dos centros de emprego Combina Social e Activa. No acto tamén estivo presente a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.

Ler máis

EDUCACIÓN

Rubén Prol destaca, na mesa inaugural das xornadas de educación de Maker Faire, o papel das novas teconoloxías como canle de trasmisión de accións formativas

20/11/2020

O concelleiro de Educación, Rubén Prol, participou hoxe na mesa inaugural das xornadas de educación de Maker Faire. Destacou que esta feira é "un exemplo do afianzamento do papel das novas tecnoloxías como canle de transmisión de accións formativas", unha tendencia que engade, "se incrementou coas restriccións impostas a raíz do confinamento".

Ler máis
Compartir: