MEDIO RURAL

Os Centros Socioculturais do rural incorporarán o proxecto "As aventuras de Luli", deseñado por alumando da USC, á súa programación

06/05/2021

Os Centros Socioculturais do rural van incorporar o proxecto "As aventuras de Luli", a súa programación de actividades destinadas aos máis pequenos. Enmarcado na iniciativa EXCORAS (Expresión Corporal e Aprendizaxe-Servizo), que leva a cabo o alumnado do terceiro curso de grado de Mestre/a en Educación Infantil da USC, foi presentado polo concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, e polos alumnos, Pablo Gayo Pérez e Amanda Freire Martín.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O sábado 8 arranca a XL edición da Feira do Libro de Santiago

06/05/2021

A Feira do Libro volve á Alameda de Santiago do 8 ao 17 de maio. O programa completo foi presentado esta mañá en rolda polo concelleiro Sindo Guinarte; polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e polo presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Ramón Domínguez.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de Centros Socioculturais organiza entre o 21 de maio e o 28 de xullo distintas actividades relacionadas coa apicultura

06/05/2021

A rede de Centros Socioculturais vai desenvolver, con motivo do "Día mundial das abellas" que se celebra o 20 de maio, unha serie de actividades relacionadas coa apicultura. Entre o 21 de maio e o 28 de xullo, os CSC de Castiñeiriño, Fontiñas, Marrozos, Laraño, O Romaño, Vite e Santa Marta, organizan distintas conferencias, obradoiros e catas de mel. O obxectivo é familiarizar as persoas usuarias e a cativada co mundo da apicultura desde distintas perspectivas.

Ler máis
Compartir: