TURISMO

O Concello destina ata 400.000 euros á innovación do sector hostaleiro co obxectivo de facilitar a súa recuperación económica

09/06/2020

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou este martes as bases da Convocatoria de axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe compostelá, integradas no Plan de Reactivación do Sector Turístico, que conta con tres eixes estratéxicos: avaliación da actual situación, accións dirixidas a captación de turismo, e axudas ao sector como as desta convocatoria, á que o Concello de Santiago destina 100.000 euros, ampliables noutros 300.000 en función da demanda. Segundo explicou Sindo...

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Santiago de Compostela, premiada polo seu compromiso coa mellora da calidade do aire

09/06/2020

Santiago de Compostela foi distinguida como a cidade menor de cen mil habitantes máis comprometida coa calidade do aire que respiran os seus cidadáns e cidadás polo xurado do II Premio X Aire Limpio, organizado pola Plataforma X Aire Limpio. Recoñécese así o carácter innovador e colaborativo do proxecto TRAFAIR (Understanding Traffic Flows to Improve Air Quality). O acto de entrega dos premios, que contará con representación institucional na plantación dunha árbore como símbolo da renaturalización das...

Ler máis

ALCALDÍA E TURISMO

A Comisión Organizadora do Xacobeo 2021 avaliou a reactivación do Camiño de Santiago de xeito coordinado e progresivo

09/06/2020

A reactivación do Camiño de Santiago levarase a cabo dun xeito coordinado e progresivo. Así se concretou hoxe na reunión da Comisión Organizadora do Xacobeo 2021, onde o Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Igrexa compostelá acordaron compaxinar a reapertura dos albergues da rede pública, da Catedral e do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino a partir do vindeiro 1 de xullo, establecendo así unha data efectiva do reinicio da peregrinación xacobea. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o...

Ler máis

ALCALDÍA E DEPORTES

Visita ás renovadas pistas de pádel de Sar e ao Multiúsos tras a súa reapertura ao público

09/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, visitaron este martes as tres pistas de pádel semicubertas de Sar, que onte se puxeron a disposición dos usuarios e usuarias tras ser cambiado o seu céspede artificial. Despois, pasaron polo Multiúsos de Sar, que tamén vén de abrir as súas instalacións de acordo aos protocolos sanitarios e de seguridade marcados para a fase 3 da desescalada.

Ler máis

IGUALDADE

A Concellaría de Igualdade colabora un ano máis co Verán CampUSC, que vén de abrir a súa inscrición

09/06/2020

Acaba de abrirse o prazo de inscrición dunha nova edición do Verán CampUSC, que organiza a USC e que un ano máis conta coa colaboración da Concellaría de Igualdade. O programa está dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 17 anos, que serán organizados/as en grupos reducidos nos que se fomentarán as actividades ao aire libre baixo estritas medidas de seguridade por mor da COVID-19.

Ler máis

EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música presenta nas redes sociais a súa versión de "Libertango", de Astor Piazzolla

09/06/2020

A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela acaba de subir ás súas redes sociais unha composición que recompila as gravacións individuais que o alumnado da Orquestra da EMM foi enviando ao seu director, Fernando Rey. A peza elixida para este proxecto, "Libertango", de Astor Piazzolla, formaba parte do programa interpretativo previo á pandemia, pero seguiuse traballando sobre ela nestes meses. Este tango é unha aclamación pola liberdade...

Ler máis
Compartir: