IGUALDADE

O Concello celebra este domingo o Día do Orgullo LGTBI coas actividades de Compostela Diversa

26/06/2020

Xa está todo listo para a celebración este domingo, 28 de xuño, das actividades de Compostela Diversa, coas que a Concellaría de Igualdade vai celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBI. Pola mañá lerase o manifesta con motivo desta data e pola tarde, a partir das 19:00 horas, celebrarase un evento no Teatro Principal que poderá seguirse ao vivo a través de streaming.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reitera a aposta polo centro biotecnolóxico do parque da Sionlla para "diversificar e ampliar a base económica da cidade"

26/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción pola aprobación onte, no Consello da Xunta, da achega autonómica de algo máis de 4 millóns de euros para o centro biotecnolóxico Sionlla Biotech, promovido pola Asociación Área Empresarial do Tambre no parque empresarial da Sionlla. Reiterou o compromiso municipal para sacar adiante estas instalacións, que se construirán nun terreo cedido polo Concello de Santiago.

Ler máis

FESTAS

Continúa "Prima20" co comercio na rúa e máis actividades para todos/as durante a fin de semana

26/06/2020

Prima20, a festa do comercio local, continúa esta fin de semana cos establecementos sacando os seus produtos á rúa e actividades para todos os públicos, animando así as compras e o consumo tras o parón do confinamento. A entrada para as actividades é de balde, pero hai que reservala como medida de control de aforo e garantía das distancias de seguridade. A reserva pode facerse a través da web comerciolocal.gal ata as 10:00 horas do día no que se celebra...

Ler máis
Compartir: