PLENO

A Corporación insta a Xunta e Parlamento a investigar a xestión dos contaxios e falecementos por COVID-19 nas residencias da terceira idade de Santiago

28/05/2020

A Corporación aprobou unha moción conxunta presentada por PSdeG-PSOE, CA e BNG (xuntando as formuladas por estes dous últimos grupos) instando á Xunta de Galicia e ao Parlamento de Galicia a que investigue a xestión nas residencias da terceira idade dos contaxios e falecementos por coronavirus en Santiago de Compostela. O PP abstívose nesta moción e presentou outra en relación a este tema, pero neste caso instando á Xunta a investigar un caso concreto, o da residencia de San Lázaro. Votaron a favor desta proposta os...

Ler máis

PLENO

O Pleno aproba unha moción conxunta reclamando o IVE super reducido do 4% para o sector cultural

28/05/2020

A Corporación aprobou unha moción conxunta para reclamar o IVE super reducido para o sector cultural. Así, acórdase trasladarlle ao Goberno do Estado a necesidade de considerar "a aplicación do IVE súper reducido do 4% a produtos, eventos, contratacións e actividades culturais para favorecer a igualdade de dereitos na participación nesta actividade e o apoio a este sector profesional". Solicítase que esta medida non supoña a exclusión de reducións similares noutros bens, servizos e sectores,...

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Aprobada unha modificación de crédito de dez mil euros para a adquisición de novos vehículos destinados a Protección Civil

28/05/2020

A Xunta de Goberno Local aprobou un expediente de modificación de crédito por unha cantidade de 10.000 euros para a adquisición dun furgón, dous todo terreo e un todo camiño destinados á Agrupación de Santiago de Protección Civil. Con estes catro novos vehículos preténdese unha maior eficacia e eficiencia na prestación do servizo, tan esencial para a protección e axuda a cidadanía, especialmente durante esta crise sanitaria.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo explicou nun seminario web as liñas de axuda do Plan Marco de Reactivación Económica

28/05/2020

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organizou este xoves un webinario informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago, no marco das actividades de colaboración conveniadas co Concello de Santiago e co obxectivo de mellorar o coñecemento das liñas municipais de axudas postas en marcha a raíz da crise do COVID-19. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, abriu este seminario web.

Ler máis
Compartir: