XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o novo calendario fiscal

27/04/2020

A Xunta de Goberno, na sesión ordinaria celebrada este luns, aprobou o novo calendario fiscal, adoptado a raíz da crise do COVID-19. Na xuntanza, tamén se ratificou a ampliación dos contratos con varias cadeas de supermercados que participan no tícket especial de compra e deuse o visto bo á adquisición de 25.000 máscaras cirúrxicas.

Ler máis

SAÚDE E SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello instala unha carpa xunto ao Centro de Saude de Fontiñas na que se realizan test epidemiolóxicos

27/04/2020

O Concello de Santiago de Compostela vén de ceder unha carpa, instalada pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, a carón do Centro de Saúde de Fontiñas, na que, dende esta mañá, se están realizando os test da primeira fase do estudo epidemiolóxico que servirá para definir a dimensión da epidemia da COVID-19. A petición formalizouse a través da Concellaría de Políticas Sociais e Saúde, que dirixe Mila Castro; e a través do Departamento de Seguridade...

Ler máis

EDUCACIÓN

Ampliado ata o 15 de xuño o prazo de recepción de obras para o Premio Compostela de Álbums Ilustrados

27/04/2020

O Concello de Santiago acaba de ampliar o prazo de recepción dos traballos do XIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados ata o 15 de xuño de 2020. O fallo do xurado terá lugar na segunda quincena de xullo, e a persoa ou persoas premiadas terán ata o 30 de setembro para entregar a obra rematada. Esta prórroga, aprobada hoxe en Xunta de Goberno, realízase ante a situación excepcional de crise sanitaria provocada pola COVID-19 e ten como obxectivo facilitar a presentación de obras a concurso.

Ler máis
Compartir: