ALCALDÍA

Con motivo do Día Mundial do Libro, o Goberno local lembra que a lectura favorece a aprendizaxe, potencia a memoria e esperta a imaxinación

22/04/2020

Con motivo do "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor", que se celebra mañá xoves, 23 de abril, o Concello de Santiago de Compostela quere lembrar á cidadanía a importancia da lectura tanto a nivel de aprendizaxe, de adquisición de coñecementos; como a nivel emocional e a nivel de entretemento. O Goberno municipal recorda que, entre outros aspectos, ler mellora a expresión oral, aumenta a nosa comprensión e a nosa capacidade comunicativa, potencia a memoria, esperta a imaxinación e mantennos informados. Por...

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

A Concellaría de Políticas Lingüísticas reprograma as actividades do Espazo Apego que quedaron suspendidas polo confinamento

22/04/2020

A Concellaría de Políticas Lingüísticas está a traballar para que durante o verán e nos meses seguintes se poidan retomar e recuperar todas as convocatorias das actividades que tiveron que ser suspendidas durante marzo e abril. A oferta para estes meses no Espazo Apego, situado no local municipal da rúa da República do Salvador, 12, abranguía diferentes contidos relacionados coa transmisión interxeracional da lingua, o apoio a persoas procedentes doutras comunidades e a promoción social no ámbito...

Ler máis
Compartir: