ALCALDÍA

O Concello e a Cámara poñen en marcha un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para as empresas de Compostela

18/04/2020

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2020. O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago porán a disposición do empresariado da súa demarcación un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para autónomos e empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais ( ICO-IGAPE- SGRs- CDTI, etc.) que se están publicando para facer fronte ao impacto económico derivado da paralización da actividade como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno...

Ler máis
Compartir: