IGUALDADE

A campaña "Rompe o silencio" lembra ás mulleres vítimas de violencia machista que poden denunciar e á cidadanía que debe auxiliar

14/04/2020

O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha a campaña "Rompe o silencio" para previr a violencia contra as mulleres no contexto do confinamento debido á crise sanitaria do COVID-19. A campaña, enmarcada no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, pretende, dunha banda, implicar a cidadanía na resposta contra a violencias machista, e doutra, reforzar a difusión dos recursos aos que poden acudir as mulleres que poidan estar sufríndoa.

Ler máis

ALCALDÍA

PLAN MARCO DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA "COMPOSTELA 2020"

14/04/2020

O Concello pon en marcha o Plan marco de reactivación económica Compostela 2020 para paliar os efectos da crise sanitaria global provocada pola COVID19". Conta cunha previsión económica inicial de 5.001.439,69 euros, e contempla 23 medidas de estímulo de crecemento e fomento da competitividade da economía local dirixidas á industria e demais sectores produtivos, ao comercio, a hostalería e ao emprego. Trátase dun plan deseñado para favorecer a dinamización económica do municipio unha vez remate o...

Ler máis
Compartir: