ACCIÓN CULTURAL

Producións Teatrais Excéntricas celebra o seu 15 aniversario con "Medida x Medida", dirixida por Quico Cadaval

19/02/2020

Será con dúas funcións este venres 21 e o sábado 22 no Auditorio de Galicia a partir das 20.30 h e ao remate da función do venres, haberá #posfuncion co equipo técnico e artístico e o público. As entradas, a 12€ (cos descontos habituais do 50%) poden mercarse en compostelacultura.gal, no despacho de billetes do Teatro Principal e os días de función no propio Auditorio de Galicia.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo destaca a importancia Berenguel de Landoria na historia da Compostela medieval

19/02/2020

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na inauguración do XI Congreso Internacional de Estudos Xacobeos, dedicado a Berenguel de Landoria, quen foi arcebispo de Santiago entre 1320 e 1330. O rexedor destacou o legado deste relixioso dominico na historia da cidade. El encargou copias do Códice Calixtinus, fortificou o Castelo da Rocha e tamén preparou a fundación do mosteiro de Belvís. Por todo isto, "e pola transcendencia que tivo o seu arcebispado na historia de Santiago, pensamos que é...

Ler máis

DEPORTES

A IV Gala do Deporte celebra os éxitos dos deportistas composteláns

19/02/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pechou a IV Gala do Deporte de Santiago. Premios Santiago Deporte 2019, celebrada no Auditorio de Galicia. No seu discurso, o rexedor destacou o esforzo e mérito dos deportistas e institucións premiadas. Engadiu que é unha moi útil na educación, xa que, entre outros valores, "fomenta a disciplina, o respecto polo adversario e a superación persoal".

Ler máis
Compartir: