PROMOCIÓN ECONÓMICA

As axencias de desenvolvemento de España reflexionan sobre o seu futuro nunha xornada telemática

24/11/2020

A xornada "as axencias públicas de desenvolvemento ante o desafío transformador da COVID 19" celebrarase o 26 de novembro en formato telemático e terá cinco mesas de debate. Está organizada pola Axencia Municipal de Desenvolvemento de Ejea de los Caballeros, SOFEJEA, co financiamento de IAF e a colaboración de Rede Innpulso, Redel, Rede Arce e Rede Aragonesa de Desenvolvemento Rural. Nela participará a técnica de Promoción Económica do Concello, Carme Casado.

Ler máis

SMARTIAGO

Comeza a desenvolverse Biolumen, o proxecto de iluminación innovadora de Smartiago

24/11/2020

Hoxe presentouse Biolumen, o proxecto de CPI (Compra Pública de Innovación) de Smartiago, que ten como obxetivo o desenvolvemento e implementación de sistemas de alumeado inovadores en edificios patrimoniais, que permitirán reducir o consumo enerxético nun 80% e influir no crecemento da biodiversidade sobre as súas fachadas. Este sistema de alumeado ornamental, pioneiro a nivel mundial, adxudicouse a un consorcio do que forman parte a empresa Televés, Ferrovial e a USC por un importe de 613.581 euros, IVE engadido, cofinanciado nun 80% polo...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"Escenas do cambio" trae a Santiago, do 18 ao 21 de febreiro, 11 propostas escénicas procedentes de cinco países

24/11/2020

O festival de inverno, de teatro, danza e arte en acción, Escenas do cambio, concentrará nunha fin de semana longa de febreiro, desde o xoves 18 ao domingo 21, un total de 11 propostas escénicas procedentes de cinco países: España, Portugal, Francia, O Reino Unido e O Xapón. Destas pezas, dúas serán estreas absolutas e tres poderán verse por vez primeira en España neste certame, que contará nesta sétima edición con nova directora, a galega Lola Correa.

Ler máis
Compartir: