ALCALDÍA

O Concello súmase ás recomendacións da FEMP e do Goberno sobre o uso responsable da máscara en contornas naturais

07/08/2020

O Concello de Santiago, como integrante da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), súmase á campaña desta en colaboración cos ministerios para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e de Consumo, que leva por título "Recordos inesquecibles. A máscara é para ti, non para a natureza". Esta iniciativa promove o uso de máscaras protectoras e quere sensibilizar sobre os efectos do abandono das mesmas en contornas naturais.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local destina máis de 9 millóns de euros ao novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar

07/08/2020

A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria celebrada este venres, iniciou o expediente para contratar o novo Servizo de Axuda no Fogar, cun tipo de licitación de 9.245,235 euros para un período de tres anos. Na sesión tamén se aprobaron convenios de colaboración con entidades sociais por valor de 104.000 euros e resolveuse a convocatoria de subvencións para o fomento da igualdade.

Ler máis
Compartir: