POLÍTICAS SOCIAIS

A I Liga Compostelá de Futbolín remata co Play Off e co Master Compostela Futbolín

24/09/2015

A Concellaría de Políticas Sociais organizou no mes de setembro unha liga de futbolín en catro centros socioculturais diferentes: Cruceiro da Coruña, Castiñeiriño, Conxo e Amio. En cada sede competiron 25 parellas de mozas e mozos. O obxectivo da actividade é ofrecer "actividades de ocio alternativas para mozos e mozas", tal e como asegurou esta mañá a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.

Ler máis

TURISMO

Santiago de Compostela promociónase na feira turística máis importante de Xapón

24/09/2015

Turismo de Santiago participa na Jata Tourism Expo Japan 2015, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 24 e o 27 de setembro en Tokio. O posto promocional de Santiago sitúase no pavillón de Turespaña. Esta feira reúne os principais profesionais do sector turístico xaponés, touroperadores, axentes de viaxes, xornalistas especializados…, polo que é o punto de encontro ideal para presentar a cidade.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde recibe a directiva da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple

24/09/2015

O alcalde de Santiago recibiu este mediodía no Pazo de Raxoi a directiva da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple. A xuntanza, na que tamén participaron os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, serviu para que o Goberno compostelán coñecera de primeira man as necesidades e as actividades que leva a cabo ACEM.

Ler máis

MOBILIDADE

Unha xornada lúdica ao redor da bicicleta pecha este domingo a Semana da Mobilidade

24/09/2015

A celebración en Santiago de Compostela da Semana Europea da Mobilidade complétase este domingo 27 coa celebración na Alameda dunha xornada lúdica ao redor da bicicleta. Os detalles do programa presentáronos en rolda de prensa Jorge Duarte, concelleiro de Espazos Cidadáns e Mobilidade, e Faustino Gómez, presidente da Asociación Cívica Composcleta.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Vinte anos de encontro entre Compostela e o teatro de monicreques no Festival Galicreques

24/09/2015

O Festival Internacional de Títeres Galicreques celebra o seu 20 aniversario neste 2015. Vinte anos de encontro entre a cidade de Santiago e o teatro de monicreques nunha cita xa imprescindible no inicio do outono compostelán. Máis de vinte compañías procedentes de diversos sitios de América e Europa, entre eles de diversos puntos do Estado español como Valencia, Cataluña, Euskadi, Castela A Mancha e, por suposto, Galicia, daranse cita do 26 de setembro ao 4 de outubro en varios espazos: Teatro Principal, Fundación SGAE,...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL E RELACIÓNS VECIÑAIS

Nova cita co programa "Imos ao baile"

24/09/2015

Este sábado 26 de setembro celebrarase no Centro Sociocultural José Saramago, en Vite, unha nova entrega do programa Imos ao baile, organizado polos departamentos de Acción Cultural e de Relacións Veciñais.

Ler máis

CONSORCIO

Dous músicos noveis galegos tocarán como solistas coa Real Filharmonía xunto con outros mozos de Rusia, Bielorrusia e Holanda

24/09/2015

O V Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos, clausúrase este venres, 25 de setembro, cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos noveis de Galicia, Rusia, Bielorrusia e Holanda. A cita terá lugar ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia.

Ler máis

ALCALDÍA

Os alcaldes de Santiago e Brión exploran novas vías de colaboración

24/09/2015

O alcalde de Santiago recibiu hoxe ao seu homólogo en Brión, dentro da ronda de contactos que vén mantendo nas últimas semanas cos alcaldes da comarca compostelá. Martiño Noriega e José Luis García abordaron algunhas preocupacións comúns, que teñen que ver co mal funcionamento do transporte metropolitano ou cos servizos de emerxencias.

Ler máis
Compartir: