EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O curso escolar comeza con normalidade nos colexios públicos de Infantil e Primaria

10/09/2015

O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación, Manuel Dios, visitaron esta mañá o CEIP Raíña Fabiola, para acompañar os nenos e nenas no seu primeiro día de clase. O edil salientou que o curso arrancou con total normalidade nos centros públicos de Infantil e Primaria da cidade. Tamén comezaron sen incidencias os servizos de comedor e de madrugadores, aos que asisten 750 e 200 alumnos respectivamente.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde insiste na necesidade de atopar solucións para a crise do sector lácteo

10/09/2015

O alcalde de Santiago quixo dar mostra este mediodía da solidariedade dos veciños e veciñas da capital galega cos gandeiros, asistindo á manifestación convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo dende a Alameda compostelá. Coa súa presenza, Martiño Noriega fixo un chamamento a atopar solucións para unha crise que está levando á desaparición a ducias de explotacións galegas, e que deixa en moi difícil situación a outros centos.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Acción Cultural abre o prazo de presentación de propostas didácticas en artes escénicas

10/09/2015

A Concellería de Acción Cultural pon en marcha todos os anos un programa didáctico para o curso escolar que abrangue diferentes disciplinas. Para o programa de artes escénicas (teatro, monicreques, danza e circo) vén de abrir unha convocatoria de recepción de propostas. Todas aquelas empresas interesadas deben presentar os seus espectáculos (unha única proposta por empresa) ata o 27 de setembro no enderezo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal. De entre todas as recibidas, o Departamento de Acción Cultural...

Ler máis
Compartir: