IGUALDADE

O Concello izou a bandeira multicolor

26/06/2015

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación, recibiron en Raxoi os representantes da Asociación Ultreia LGTBI. Posteriormente, baixaron á praza do Obradoiro para observar o izado da bandeira multicolor no Pazo de Raxoi con motivo da celebración o 28 de xuño do Día do Orgullo LGTBI. Alí tamén, o rexedor leu unha declaración institucional aprobada por unanimidade por todos os grupos municipais.

Ler máis

REFUXIO DE ANIMAIS

O Refuxio de Bando organiza este sábado a sexta edición do "Minicanmiño"

26/06/2015

Por sexta vez, voluntarios e padriños, cun grupo de 19 cans residentes na Fundación Refuxio de Animais realizarán o seu particular "Minicanmiño". Será este sábado 27 de xuño cando o grupo faga o percorrido dende o Refuxio ata a praza do Toural, onde estará instalado un posto informativo dende las 10:00 ás 21:00 horas. Con esta iniciativa quérese fomentar a adopción de animais do centro, así como convidar a cidadanía a coñecer o traballo que se realiza na Fundación e as distintas...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Festa no LSC da Gracia para os nenos e nenas usuarios dos centros socioculturais

26/06/2015

O programa Vive o verán preparou un ano máis unha festa de encontro e convivencia para os rapaces e rapazas de 5 a 14 anos dos centros socioculturais. Será este sábado, a partir das 11:30 horas, cando un autobús pase a recoller os rapaces polos diferentes centros para levalos primeiro ata o CSC de Santa Marta e logo ao LSC da Gracia.

Ler máis

CULTURA

Dezanove concertos na décima edición do Via Stellae, que inaugura este luns Uri Caine

26/06/2015

Este luns 29 de xuño inaugúrase a 10ª edición do Via Stellae cun concerto do pianista Uri Caine enmarcado dentro da sección Off#Stellae. Caine improvisa e así descobre, comenta, ensina e involucra ao público neste concerto que comezará ás 20:30 horas no Teatro Principal e que nos ofrece a súa visión persoal da música de Scarlatti, Mozart, Verdi ou Beethoven. Tras el, teremos 18 concertos máis ata o 15 de xullo en espazos singulares da cidade.

Ler máis
Compartir: