CONSORCIO

O Consorcio destinará este ano máis dun millón de euros a rehabilitar e restaurar monumentos e edificios emblemáticos

28/04/2015

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados destaca a aprobación de novas actuacións dentro do Programa de Monumentos do Consorcio, para o que este ano se destinará unha partida global de 1.041.371,69 euros.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde cualifica a Filgueira Valverde como "unha das figuras clave da cultura galega do século XX e destaca o seu labor para dignificar a lingua e a cultura de Galicia

28/04/2015

O alcalde de Santiago asistiu á apertura da exposición Filgueira Valverde (1906-1996). Un faro na construción de Galicia, que estará na Biblioteca Ánxel Casal ata o 9 de maio. Esta mostra, segundo Agustín Hernández, ofrece a posibilidade de descubrir "o labor dunha das figuras clave da cultura galega do século XX".

Ler máis

ALCALDÍA

O alumnado da Escola Municipal de Conxo contribúe a financiar unha operación para un neno con parálise cerebral a través dunha campaña didáctica e solidaria

28/04/2015

Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Conxo fixeron entrega esta mañá dos tapóns recadados na campaña solidaria Proxecto de arte a Matías Rey Mourelle, un neno de 7 anos veciño do concello de Brión que padece parálise cerebral. No acto estiveron presentes o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Educación, Maite Cancelo.

Ler máis

CULTURA

10 & 10 Danza, de Mónica Runde, presenta "Episodios (Temporada 25)" no Principal

28/04/2015

Mónica Runde convocou a cinco experimentados e reputados creadores para armar Episodios (Temporada 25). Cada un dos coreógrafos ideou unha fantasía propia a través do corpo da bailarina que se somerxe, un tras outro, nos cinco universos que compoñen Episodios. O espectáculo poderase ver este mércores 29 de abril, a partir das 20:30 horas, no Teatro Principal, no marco do ciclo Danza 2015.

Ler máis

EMPREGO

Arranca en Santiago o Foro da Intermediación e o Emprego con máis de 2.500 inscricións en presentacións de empresa e actividades formativas

28/04/2015

Comeza en Santiago o Foro da Intermediación e o Emprego, un encontro que, durante o mércores 29 e o xoves 30, converterá Santiago no punto de reunión entre empresas e demandantes de emprego. Con máis de 1.200 inscricións nas presentacións que realizarán as 27 empresas presentes no Foro, así como coa posibilidade de enviar o currículo a máis de 60 empresas a través do espazo dixital do Foro, os demandantes de emprego poderán atopar información sobres os requisitos e oportunidades no mercado...

Ler máis
Compartir: