TURISMO

Área Santiago organiza unha viaxe de xornalistas e pescadores deportivos para promocionar a pesca como atractivo turístico

27/04/2015

Área Santiago organizará unha viaxe de xornalistas e profesionais do sector da pesca deportiva para promocionar os seus atractivos como destino para os pescadores afeccionados. Os técnicos dos 16 concellos que colaboran no grupo de traballo de promoción turística reuníronse no edificio Cersia para ultimar as características desta viaxe, que servirá para a posta en valor das posibilidades da zona como destino para a pesca.

Ler máis

ALCALDÍA

Agustín Hernández destaca que a Feira do Libro reforza "a vinculación de Santiago co mundo literario" e o seu papel de "capital cultural e centro das letras galegas"

27/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presentou unha nova edición da XXXIV Feira do Libro, que se celebrará do 1 ao 10 de maio no paseo central da Alameda. "Santiago de Compostela súmase así á promoción do libro e da lectura, entendendo que o libro é ese compañeiro de viaxe no desenvolvemento e crecemento de toda persoa, que non debemos abandonar nunca", indicou. Na rolda de prensa tamén participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o vicepresidente da Federación de Libreiros de...

Ler máis

CULTURA

O concerto de The National trasládase a Amio pola previsión de chuvia

27/04/2015

O Lapso 2015, evento musical que se celebra este xoves 30 de abril en Santiago de Compostela, trasládase da praza da Quintana ao Recinto Feiral de Amio. A previsión meteorolóxica para a xornada estima chuvascos fortes e vento, polo que a organización buscou un espazo alternativo que permita a súa celebración.

Ler máis

CONSORCIO

Abe Rábade presentou a obra que compuxo para a Real Filharmonía de Galicia e que se estreará esta semana en Santiago e Ourense

27/04/2015

O pianista e compositor compostelán de jazz Abe Rábade compuxo unha obra para a Real Filharmonía de Galicia. A peza estrearase esta semana, interpretada polo trío que lidera o músico nun concerto coa RFG. Será o xoves día 30, coincidindo co Día Internacional do Jazz, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Ademais, a orquestra desprazarase o venres a Ourense, onde actuará de novo xunto a Abe Rábade Trío na Praza de Santa Eufemia, ás 22:00 horas, no marco do XIX Festival de Jazz de Primavera. En...

Ler máis
Compartir: