ALCALDÍA

Hernández destaca o papel das residencias e dos servizos de atención aos maiores para "elevar a calidade de vida da nosa sociedade"

23/04/2015

O alcalde compostelán, Agustín Hernández, participou en San Martiño Pinario no acto institucional de apertura das XIV Xornadas Nacionais de Lares-Acolle (Federación de Residencias e Servizos de Atención aos Maiores e Asociación Galega de Residencias de Anciáns de Iniciativa Social). Xa pola tarde, o rexedor recibiu os comités organizador e científico e aos relatores no Pazo de Raxoi.

Ler máis

TURISMO

Compostela Gastronómica consolídase como o gran festival da cociña galega

23/04/2015

A segunda edición de Compostela Gastronómica consolidou o Festival como evento de referencia para a cociña galega. Os seus protagonistas foron os cociñeiros composteláns e galegos, que encheron os 27 obradoiros de cociña que houbo na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos. Os talleres, cun formato reducido de 35 prazas para que os asistentes puidesen degustar as propostas dos cociñeiros, roldaron os mil asistentes, cubrindo practicamente a totalidade das prazas ofertadas.

Ler máis

DEPORTES

Santiago converterase durante tres días na capital nacional do enduro

23/04/2015

A concelleira de Deportes, María Corral, presentou en rolda de prensa a terceira proba do Campionato de España de Enduro, que se se celebrará o venres 24, sábado 25 e domingo 26 en Santiago de Compostela. Un circuíto nas inmediacións do Estadio de San Lázaro e outro no Monte do Gozo acollerán as diferentes especiais, nas que participarán 184 pilotos.

Ler máis

TURISMO E DEPORTES

A carreira SantYaGo10K premiará á empresa, asociación ou club con máis participantes

23/04/2015

A primeira carreira nocturna SantYaGo10K premiará á empresa, asociación ou club con maior número de participantes que completen os dez quilómetros do percorrido. Ademais, para fomentar a participación feminina, haberá un premio específico para a empresa, asociación ou club con maior número de mulleres que acaben a carreira. En ambos casos, o premio será de 150 euros.

Ler máis

CONSORCIO

Monicreques de entre 2 e 4 metros de altura protagonizan unha innovadora versión de "Romeo e Xulieta" coa Real Filharmonía

23/04/2015

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de primaria e secundaria no Auditorio de Galicia. O primeiro foi este xoves e o segundo será mañá venres ás 11:00 horas. Ademais, o sábado 25, ás 19:00 horas, a orquestra ofrecerá a mesma actuación, nesta ocasión dirixida ao público familiar, na Cidade da Cultura, no Museo Centro Gaiás. A batuta destes concertos levaraa o mestre romanés Mihnea Ignat, director titular e artístico da...

Ler máis

CULTURA

Laurence Jones debuta en Compostela cun concerto dentro do Blues Nite by 1906

23/04/2015

O ciclo Blues Nite by 1906 ofrece este venres un concerto con Laurence Jones, na que é a primeira visita a España deste imparable talento. Jones, con só 22 anos de idade, non tardou en facerse un nome propio na escena do blues europeo. Poderemos escoitalo a partir das 21:30 horas na Sala Capitol. As entradas teñen un prezo de 10 euros anticipada e 15 € o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), en Ticketea, Miranda, A Reixa Tenda ou salacapitol.com Ademais, o concerto está dentro do...

Ler máis

CULTURA

Herbert Schuch presenta "Invocación e campás" no VII Ciclo de Piano Ángel Brage

23/04/2015

Tras o concerto de Lars Vogt o pasado mes de marzo, o Ciclo de Piano Ángel Brage continúa coa súa programación desta VII edición. Así, este venres chegará a Compostela Herbert Schuch, ao que poderemos escoitar ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia, enmarcado tamén dentro do Programa de Abono. Presenta o programa Invocación e campás, no que interpretará obras de Murail, Liszt, Messiaen, Bach, Bussoni, Bauer e Ravel.

Ler máis
Compartir: