CULTURA

A compañía vasca Dantzaz Konpainia presenta "Flash!" dentro do ciclo Danza 2015

16/04/2015

A compañía vasca Dantzaz Konpainia chega a Compostela para presentar Flash! dentro do ciclo Danza 2015. Será este venres 17 de abril, a partir das 18:30 horas, no Auditorio de Galicia. As entradas teñen un prezo de 12 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 h), en entradas.abanca.com, no 902 434 443 e o propio día no Auditorio de Galicia dende as 18:00 horas.

Ler máis

CULTURA

Russian Circles, Helms Alee e Cuchillo de Fuego, protagonistas do TriCiclo 8

16/04/2015

Unha nova edición do TriCiclo, e xa van oito, chega á Sala Capitol cos norteamericanos Russian Circles (Chicago) e Helms Alee (Washington) como protagonistas, que estarán acompañados na súa primeira visita a Galicia polos pontevedreses Cuchillo de Fuego. Será este venres 17, a partir das 20:30 horas e dentro do ciclo Compostela Rock.

Ler máis

CULTURA

O Auditorio de Galicia presenta a novena edición dos seus premios para novos artistas

16/04/2015

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron as bases dos Premios Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2015, que chegan xa á súa novena edición. Comezaron a celebrarse con carácter anual, no ano 2001, para pasar a ser bienais, propiciando un tempo imprescindible, tanto para dar cabida a novos artistas como para permitir aos que se veñen presentando as sucesivas edicións, afondar nas liñas de traballo.

Ler máis

ALCALDÍA

A alta afluencia ao Espazo Gastro marcou o inicio de Compostela Gastronómica

16/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou Espazo Gastro, abrindo así a primeira xornada da II edición de Compostela Gastronómica, que se desenvolverá entre ata o 21 de abril. Os días 16, 17 e 18 de abril, en horario de 12:00 a 15:00 horas, a nave 5 do Mercado de Abastos acolle o Espazo Gastro, un espazo habilitado especialmente para a ocasión no que máis de 20 restaurantes composteláns e galegos ofrecen deliciosas receitas de cociña creativa elaboradas con produtos do Mercado de Abastos.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde visitou no Pazo de Fonseca a exposición coa que o xornal ABC conmemora os 20 anos da súa delegación en Galicia

16/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou a exposición ABC, 20 anos en Galicia: Galicia, 112 anos en ABC. No acto inaugural da mostra tamén participaron, entre outros, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o reitor da USC, Juan Viaño; e o delegado de ABC Galicia, José Luis Jiménez. A exposición estará no Pazo de Fonseca ata o 3 de maio.

Ler máis
Compartir: