CONSORCIO

Alumnos do Conservatorio de Santiago tocan esta semana coa Real Filharmonía de Galicia

16/03/2015

A Real Filharmonía de Galicia e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela colaboran en diversas iniciativas de carácter musical. Entre estes proxectos destaca a celebración de actuacións conxuntas entre músicos da orquestra e xoves alumnos do Conservatorio, con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos. Esta semana ofrecerán dous concertos didácticos para estudantes de primaria e secundaria, o mércores e o xoves, ás 11:00 horas no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas,...

Ler máis

ALCALDÍA

Hernández propón un plan de reactivación que reforce a Santiago como capital de Galicia e líder dunha grande área metropolitana

16/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou como relator no almorzo informativo de Nueva Economía Forum, celebrado no Hostal dos Reis Católicos. Na súa intervención apostou para Compostela por un "plan de reactivación que a oriente cara a un novo concepto de cidade", que a potencie como "unha cidade aberta, plural, moderna, creativa, social e cultural". Para lograr iso, fixou catro eixes fundamentais: o impulso do diálogo e da colaboración co conxunto das Administracións, a modernización...

Ler máis

ALCALDÍA

Case un millón de euros para a ampliación dos colexios Monte dos Postes e Roxos

16/03/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitaron o CEIP Monte dos Postes, onde puideron comprobar os avances dos traballos de ampliación e de mellora da accesibilidade do centro, que contan cun orzamento de máis de 300.000 euros. Posteriormente trasladáronse ao CEIP de Roxos, en cuxa ampliación o departamento autonómico investirá 650.000 euros.

Ler máis

TURISMO

Turismo promociona a cidade como destino para "Meetings e incentives" no MIS 2015

16/03/2015

Turismo de Santiago, a través do Santiago Compostela Convention Bureau (SCCB), participa este martes na terceira edición do Meetings & Incentives Summit (MIS), que terá lugar en Madrid. O MIS é un novo evento innovador destinado exclusivamente a organizadores de eventos, tanto axencias especializadas como clientes finais, entre os que se atopan grandes empresas españolas e internacionais.

Ler máis
Compartir: