IGUALDADE

A praza do Obradoiro encherase o venres de pegadas en prol da igualdade

07/10/2015

A praza do Obradoiro será escenario, o próximo venres, dunha acción creativa que quere ser unha chamada de atención sobre a necesidade de camiñar cara unha sociedade máis igualitaria. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, invitou hoxe á veciñanza a sumarse a este proxecto, que o Concello pón en marcha en colaboración co colectivo Abrollarela.

Ler máis

EDUCACIÓN

A obra Ícaro, premio internacional "Compostela" de álbums ilustrados, formará parte da prestixiosa lista The White Ravens

07/10/2015

Trátase dunha selección elaborada pola Biblioteca Xuvenil Internacional de Múnich que recolle os mellores títulos da literatura infantil e xuvenil e que será presentada na Feira Internacional do Libro de Franckfurt. Ícaro tamén foi elixida pola Organización Española do Libro infantil e xuvenil para formar parte da Lista de Honra da IBBY.

Ler máis
Compartir: